Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Sábado, 31 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Escola Oficial de Idiomas en Ponteareas ofrecerá o básico de francés

A concellería de Ensino, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández, informa que neste curso escolar a delegación da Escola Oficial de Idiomas en Ponteareas ofrecerá o curso de nivel básico A1 no primeiro cuatrimestre e no segundo cuatrimestre o de nivel básico A2.


Cristina Fernández amosa a súa satisfacción por ter conseguido que esta demanda da comunidade educativa sexa hoxe unha realidade. O obxectivo desta concellería é ofrecer unha oferta educativa ampla de acorde ás necesidades da poboación e que resposte á demanda laboral actual evitando que a mocidade se teña que desprazar fóra da súa comarca.


Deste xeito, a sección da Escola Oficial de Idiomas en Ponteareas abrirá o prazo de preinscrición do día 2 de setembro ao 15 de setembro. Todas as preinscricións deberán formalizarse obrigatoriamente en liña no prazo a través do acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta.


Os horarios das clases de francés poden consultarse na seguinte ligazón http://www.eoidevigo.org/archivos/Oferta-lineal-Ponteareas-555-561.pdf


Os e as que desexen maior información poderán obtela na ligazón http://www.eoidevigo.org/seccion/161/Matricula-Oficial.html

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.