PROVINCIA
A Deputación levará en setembro a súa programación cultural a meis, O Grove, Mos, Cangas, Lalín e Tomiño
Exposicións, teatro, música e narración oral conforman as propostas que se desenvolverán en espazos públicos destes concellos
A Deputación de Pontevedra levará a súa programación cultural no vindeiro mes de setembro aos concellos de Meis, O Grove, Mos, Cangas, Lalín e Tomiño, con varias propostas expositivas, teatrais, musicais e de narración oral. Todas as actividades desenvolveranse en espazos públicos e estarán dirixidas a todos os públicos.
Máis polo miúdo, as actividades comezarán o próximo martes, 3 de setembro na Casa do Escudeiro do Mosteiro, en Meis, onde se inaugurará a exposición “Mulleres galegas na historia” na que se homenaxea a dezaseis mulleres que marcaron a historia de Galicia. Deste xeito, a través da mostra repásase a vida e traxectoria de María Balteira, Inés de Castro, María Castaña, María Pita, María Soliña, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato, Bella Otero, Ernestina Otero, Maruja Mallo, Enriqueta Otero, María Antonia Dans, María Casares, Xela Arias e Julia Minguillón.
Pola súa banda, Punta Moreira no Grove acollerá entre o 4 de setembro e ata o 13 de outubro a exposición fotográfica “Vento nas velas”, coas imaxes e textos de Xurxo Lobato que pertencen ao seu libro co mesmo nome. De carácter didáctico, esta mostra ideada e creada por Lobato pretende achegar ao público a cultura marítima da provincia pontevedresa e poñer en valor o patrimonio galego.
A programación continuará a partir do 13 de setembro coa exposición “A gaita na música tradicional galega” que se poderá visitar no Pazo de Mos e no marco do festival Son do Pazo. Trátase dunha mostra temática sobre este instrumento paradigmático da música galega, ao que varios autores dedican unha especial atención, desde Casto Sampedro no seu cancioneiro ata estudosos actuais como Xesús Ferro Ruibal. A mostra está comisariada por Xaime Estévez, Carlos Collazo e Ana Costas e conta coa participación da Asociación de Gaiteiros Galegos, obradoiro Gil de gaita tradicional, Pablo Carpintero e numerosas fontes bibliográficas, deseños e fotografías dos fondos do Museo de Pontevedra.
Amais, a Deputación levará ata Cangas, Lalín e A Estrada a peza teatral “Invisibles” de Redrum Teatro. Trátase dun espectáculo creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo que presenta ante o público diferentes historias que contan como fío común a violencia machista. A actividade vai dirixida a un público maior de 12 anos co obxectivo de reflexionar sobre a inexistencia dun perfil de mulleres que sofren violencia machista e sobre a invisibilidade dos agresores fronte á exposición das vítimas ante a sociedade. “Invisibles” poderá verse o 21 de setembro ás 21 horas no Auditorio municipal de Cangas, o 27 de setembro ás 21.30 no Salón Teatro de Lalín e o 29 de setembro ás 19 horas no Teatro Principal da Estrada.
Finalmente o 29 de setembro en Seixo (Tomiño) terá lugar “A música da auga, contos e cantos do río Miño”. Trátase dun espectáculo ao aire libre que a través da música e a narración pretende divulgar a riqueza fluvial e cultural da provincia, sensibilizando sobre o coidado dos cauces fluviais e dando a coñecer a xeografía do Miño e o seu patrimonio lingüístico, etnográfico e mitolóxico cos nomes dos peixes, das árbores de ribeira, das embarcacións tradicionais, das artes da pesca e da propia toponimia. Moure e Barreiro protagonizarán un pasarrúas musical e ofrecerán unha sesión de contos e cantigas baseadas no libro “A música da auga”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217