MOS
A mellora do firme en dous tramos de Generoso Domínguez amplía o Plan Anual de Mellora de Viais Municipais
A obra está íntegramente subvencionada polo Plan de Infraestruturas Rurais da Xunta
O alcalde en funcións e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o edil de Facenda e Contratación mosense, Alberto Méndez, anunciaron a mellora do firme en dous tramos da Estrada Generoso Domínguez; que se suman ao Plan Anual de Camiños Municipais do Concello de Mos.
Os tramos a optimizar son os de Generoso Domínguez ao seu paso polas parroquias de Cela e Pereiras. O de Generoso Domínguez é un vial de gran importarcia na localidade mosense xa que transcorre por tres parroquias: Cela, Tameiga e Pereiras; conectando numerosos núcleos poboacionais e concentrando unha notable densidade de tráfico de turismos.
O orzamento da obra, que será adxudicada e contratada próximamente, ascende a 40.000 euros máis IVE. A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, a través do PIR (Plan de Infraestruturas Rurais) financia íntegramente os traballos, que se encarga tamén de licitar e executar; correndo a cargo do Concello de Mos a redacción do proxecto de obra.
En total a Consellería do Medio Rural leva investidos en só tres anos máis de 177.000 euros nos camiños do municipio mosense co obxectivo último de aumentar a mobilidade dos veciños e, polo tanto, mellorar a súa calidade de vida.
Posto que o Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, cada ano realiza un Plan Anual de Mellora de Viais Municipais acometendo unha batería de asfaltados de estradas e camiños.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218