Miércoles, 11 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 31 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Mos comeza setembro coa mellora do piso do Pavillón Óscar Pereiro

A semana que ven quedará adxudicada a obra e no mes de setembro finalizaranse os traballos

O alcalde en funcións, Camilo Augusto, o edil de Facenda e Contratación, Alberto Méndez, e a concelleira de Deportes mosense, Begoña Toucedo, informaron esta semana de que foi tratada en Xunta de Goberno Local a contratación da obra de mellora do firme da pista de xogo do Pavillón Óscar Pereiro e anunciaron que a vindeira semana quedará adxudicada; de xeito que os traballos queden acometidos durante o mes de setembro.


A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia asumirá o arranxo do parqué concedéndolle á administración local unha subvención de 20.000 euros. Esta mellora era moi necesaria sobre todo para a práctica dun dos deportes máis prolíficos do municipio, o patinaxe artístico.


As de partinaxe son unhas das escolas deportivas con máis integrantes do Concello de Mos. En total sobre uns 160 nenos/as e mozos/as practican este deporte formando parte dun dos tres clubes mosenses: Escolas de Patinaxe de Mos (que conta cuns 100 patinadores/as), Club Rosaleira (que conta con sobre 30 patinadores/as) e Xiramos (que conta con outros 30 integrantes).


Todos estes xoves patinadores realizan os seus adestramentos no Pavillón Óscar Pereiro e no Pavillón Soledad Castro, polo que a optimización do firme do primeiro era unha importante demanda que por fin se fai realidade.
Os traballos que se realizarán no Pavillón Óscar Pereiro serán de fixación das tablas do parqué, pulido e barnizado das mesmas, así como posterior marcado e pintado das diferentes liñas que delimitan os terreos de xogo para os distintos deportes que alí se practican.


Por esta pista do Pavillón Óscar Pereiro pasan 1.500 persoas á semana. Trátanse de usuarios pertencentes aos clubes de patinaxe municipais, nenos/as das Escolas Deportivas de Baloncesto (actividade extraescolar), adultos e cativos que practican o fútbol sala, maiores participantes na actividade de ximnasia de mantemento do programa municipal ‘Exercítate’, mozos do IES de Mos que acuden a realizar algunhas das súas horas lectivas de clases de Educación Física, etc.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.