Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 02 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva inaugurará o martes en Meis a mostra “Mulleres galegas na historia”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurará este martes ás 20.00 horas na Casa do Escudeiro do Mosteiro (Meis) a mostra “Mulleres galegas na historia” na que se reivindicará o papel de 17 mulleres invisibilizadas e silenciadas. Trátase dunha exposición itinerante que tralo seu paso por Moaña, Valga, Cuntis, Ponteareas, Tomiño, Baiona, Portas, Vilagarcía e agora Meis, onde poderá visitarse ata o 3 de outubro, desprazarase a Silleda e O Grove neste último trimestre de ano.

 

[Img #55907]En liñas xerais, “Mulleres galegas na historia” presenta dez paneis que amosa as biografías e imaxes de dezasete mulleres fundamentais na historia de Galicia en diferentes eidos como a cultura, arte ou política. Deste xeito, a través da mostra preténdese poñer en valor ás mulleres invisibilizadas polo patriarcado que dedicaron a súa vida para o impulso cultural e o progreso social de Galicia.

 

Máis polo miúdo, na mostra cobrarán protagonismo a soldadeira María Balteira; a nobre Inés de Castro; a líder rebelde María Castaña; as heroínas María Pita e María Soliña; as escritoras, xornalistas e activistas feministas Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán; a escritora Filomena Dato; a bailarina Bella Otero; a mestra e pedagoga Ernestina Otero; a feminista e activista comunista Enriqueta Otero; as pintoras Maruja Mallo, María Antonia Dans e Julia Minguillón; a actriz de cine e teatro María Casares; a escritora e tradutora Xela Arias e a poetista e escritora Rosalía de Castro.

 

En total, e entre o 3 de setembro e o 3 de outubro, dezasete mulleres protagonizarán na Casa do Escudeiro do Mosteiro, en Meis, a mostra “Mulleres galegas na historia” na que se reivindicará a súa importante pegada na historia de Galicia.  A exposición poderá visitarse de luns a venres de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, os sábados de 10 a 14 horas e os domingos de 16 a 20 horas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.