Miércoles, 11 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 03 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Pereiras celebra as Festas da Virxe do Libramento

Terán lugar do 6 ao 9 de setembro

A parroquia de Pereiras celebra as festas na honra da Virxe do Libramento os vindeiros días 6, 7, 8 e 9 de setembro.


O venres 6 de setembro iniciaranse os festexos con gran sardiñada e porco ao espeto acompañada, a partir das 22.00 horas, polos tríos Xtra e Innovación.


O sábado 7 de setembro a celebración iniciarase ás 08.00 horas da mañá cunha salva de bombas que anunciará o comezo das festas. Ás 13.00 horas saída dende a Fonte da Crus do Tradicional Fogo, acompañado das Peñas da parroquia e da charanga Sghae. Ás 14.00 horas, tradicional tirada de fogos durante a actuación da charanga Sghae. Xa pola noite, ás 22.30 horas, a verbena estará amenizada polas orquestras Emperadores e Ciclón.


O domingo 8 de setembro ás 10.00 horas fará a súa entrada no torreiro de festas a Agrupación Musical de A Guarda co tradicional pasarrúas que, a continuación, de 11.00 horas a 12.00 horas dará un concerto. As 13.30 horas celebraranse as tradicionais poxas e ás 19.00 horas actuará o Grupo de Baile Nosa Terra de Pereiras. Ás 20.00 horas a banda de música Agrupación Musical de A Guarda dará un concerto e ás 22.00 horas comezará a verbena coa orquestra Olympus e o grupo revelación Unión y Fuerza.


Por último, o luns 9 de setembro, ás 11.00 horas fará a súa entrada no torreiro de festas a Banda de Música Popular de Tui, que despois da Misa dará un concerto. Tras a actuación musical chegarán as poxas e ás 17.00 horas realizaranse xogos e cucañas. A verbena iniciarase ás 22.30 horas e estará amenizada polas orquestras Marbella e Israel Espectáculo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.