Lunes, 16 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 07 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O Concello da Guarda xa está conectado a S.I.R

Dende o pasado mes de xullo o Concello da Guarda está conectado ao SIR (Sistema de interconexión de rexistros)  o que permite dende esa data facer envíos a calquera outra administración de xeito electrónico, sempre e cando esta tamén estea conectada a dito sistema.

 

Deste xeito o servizo do Portelo da Xunta de Galicia xa non está en funcionamento, polo que os envíos faranse a través do rexistro do propio concello. Poderán acceder a este servizo de envíos a outras administracións(Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administracións Autonómicas, Administración Local...), calquera das persoas que non estean obrigadas a relacionarse de xeito electrónico coa administración.

 

3. Regulamentariamente, as administracións poderán establecer a obriga de relacionarse con elas a través de medios electrónicos para determinados procedementos e para certos colectivos de persoas físicas respecto das cales, por razón da súa capacidade económica, técnica, dedicación profesional ou outros motivos, quede acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.

 

Este é un novo avance no proceso da evolución da administración electrónica, reducindo o tempo dos envíos de documentacións e o consumo e emprego de papel, mellorando a relación entre os cidadáns e as administracións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.