Sábado, 24 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 03 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Uns 25 establecementos participan no Porriño na XXI edición de “Merca na Rúa, Feira de Oportunidades”

Ofrecerán “descontos de ata o 80% xa que a intención é liquidar os restos da tempoada”

Vintecinco establecementos de Porriño e concellos limítrofes participaran na XXI edición de “Merca na Rúa, Feira de Oportunidades” que vai ter lugar o vindeiro fin de semana na zona peonil da vila. Haberá 28 stands (algunhas das firmas doblan) que ofrecerán “descontos de ata o 80% xa que a intención é liquidar os restos da tempoada”, explicou Noelia Conde, xerente de ACIPOR e impulsora de “Morea, Centro Comercial Aberto do Porriño”.

 

A iniciativa do tecido comercial da vila foi louvada tanto por Sergio Casal, concelleiro de Comercio como por David Alonso, edil de Emprego que comentou un dato moi significativo. “Actualmente en Porriño hai 1.200 autónomos dos que o 60% adicanse ó sector servizos de xeito que eventos como este axudan a dinamizar e son moi de agradacer”, sinalou David Alonso.

 

Pola súa banda Sergio Casal expresou a “enhoraboa do Concello ós organizadores e reiterar a nosa vontade de manter a colaboración para a continuidade destas feiras”, manifestou o edil de Comercio.

 

Pola súa parte Noelia Conde agradeceu ó Concello e os devanditos concelleiros “pola súa colaboración inestimable no só para a ocupación dos espazos públicos senón tamén pola axuda económica e loxística”.

 

[Img #55955]

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.