MOS
A Xunta participará na iniciativa do Concello de Mos a prol da igualdade
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentaron hoxe a segunda edición da xuntanza nas Cíes
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, na presentación da segunda edición das Xornadas de convivencia nas illas Cíes organizadas pola Asociación de mulleres do concello de Mos, Melón e Avión en prol da loita contra a violencia de xénero e a defensa da igualdade entre mulleres e homes.
A iniciativa, organizada baixo o título ‘SoMos Mulleres, SoMos Libres’, ten como obxectivo a prevención e erradicación da violencia de xénero, así como a posta en valor da importancia do papel da muller na sociedade.
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, destacou a importancia de traballar pola promoción da igualdade con iniciativas coma esta “polos froitos que dan socialmente”. Salientou tamén o peso do movemento asociativo feminino e “a súa capacidade para poñer de relevo o potencial, a capacidade e o saber facer das mulleres galegas”. López Abella destacou ademais a necesidade de apostar pola información, polo emprendemento e pola conciliación para eliminar as discriminacións por razóns de xénero.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218