Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 03 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Acordo para axilizar prazos e execución da ampliación do Centro de Saúde

Un apretón de mans sellou o acordo entre Consellería de Sanidade e Concello do Porriño para que ambas administracións  poñan o máximo empeño en axilizar prazos e execución da ampliación do Centro de Saúde da vila. O compromiso establece que en dous meses licitaráse a redacción do proxecto.


O Conselleiro, Jesús Vázquez Almuiña e a Alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre escenificaron a firma do convenio polo que o Concello cede unha parcela anexa e comprometese a prestar os servizos e suministros necesarios para a posta en funcionamiento do Centro de Saúde. Pola súa banda, a Consellería executará a obra de ampliación e se encargará da dotación de material e persoal.


Conselleiro e Alcaldesa presidiron a reunión celebrada este mediodía na sé da Consellería en Santiago. No encontro estiveron os concelleiros do grupo EU Son, Pedro Ocampo e Blanca Francés, invitados pola alcaldesa a formar parte da representación municipal en recoñecemento ó seu protagonismo na reivindicación desta mellora sanitaria. Pola banda da Consellería, Vázquez Almuiña estivo acompañado por Alberto Fuentes, secretario xeral técnico, e por Antonio Fernández Campa. Xerente do SERGAS.


A reunión foi producto de que o conselleiro de Sanidade atendera a queixa recente formulada polo Concello do Porriño por unha descortesía institucional por non ter recibida información alguna do Conselleiro nin do seu staff sobre a licitación da redacción do proxecto comunicada hai uns días polo Sergas a través dunha nota de prensa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.