GALICIA
A Xunta e La Caixa reforzan a colaboración entre ambas institucións en materia social e cultural
O convenio reafirma e intensifica a colaboración para mellorar as condicións de vida dos menores cuxas familias estean nunha situación vulnerable, das persoas maiores e dos colectivos con necesidades especiais afectados por enfermidades
O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Fundación Bancaria “la Caixa”, Isidro Fainé, reforzaron esta semana a colaboración entre ambas institucións en materia social e cultural, a través da sinatura dun convenio firmado esta mañá co obxectivo, entre outros aspectos, de contribuír a mellorar o benestar dos colectivos máis desfavorecidos.
Cunha achega de 10,5 millóns de euros para 2019, o convenio reafirma e intensifica a colaboración coa Administración autonómica galega para mellorar as condicións de vida dos menores cuxas familias estean nunha situación vulnerable, das persoas maiores e dos colectivos con necesidades especiais afectados por enfermidades, así como contribuír ao benestar de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión.
Xunto aos programas de vivenda social, no eido do emprego o documento recolle o obxectivo de fomentar a inserción laboral de colectivos con dificultades especiais para atopar traballo
Ademais destas liñas de actuación, o acordo tamén contempla accións nos ámbitos educativos e de investigación, e no eido cultural. Sobre este último punto, cómpre salientar que, a maiores do convenio asinado hoxe, a entidade asumiu o compromiso de materializar un novo convenio antes de que remate o ano para impulsar diferentes iniciativas conxuntas no marco do Xacobeo 2021.
Xunto aos programas de vivenda social, cunha oferta de pisos de aluguer a prezos inferiores aos do mercado -133 pisos sociais en toda a comunidade-, no eido do emprego o documento recolle o obxectivo de fomentar a inserción laboral de colectivos con dificultades especiais para atopar traballo, como persoas con discapacidade, parados de longa duración, mozos en risco de exclusión, mulleres vítimas de violencia de xénero e inmigrantes, entre outros.
Por outra banda, seguiranse a impulsar tamén o achegamento das humanidades, as artes escénicas e a música a todos os cidadáns, a través da organización de eventos como exposicións ou concertos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171