Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 05 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O goberno municipal explica que " salvagarda os pagos ás empresas e proveedores"

O Goberno Municipal de Porriño co apoio da maioría da corporación “garante o pagamento ós empresarios e proveedores de Porriño fronte á política de atrancos do PP que ainda non asumiu que non gobernará este concello neste mandato”, manifestou Eva García, alcaldesa da vila.

 

De xeito que a maioría da Corporación coa suma de votos de concelleiros do PSOE, EU Son, BNG e grupo mixto (Manuel Carrera) derrotou as propostas do Partido Popular durante a sesión celebrada onte.


"O PP pretendía con este pleno extraordinario convocado pola súa iniciativa, frear os pagos a proveedores e empresas oponiéndose ás mdoficacións de crédito prantexadas" explican dende o Concello. Asimesmo o PP demandaba” unha revisión de oficio de toda a facturación dos exercicios 2016, 2017 e 2018 para depurar as irregularidades que se tiveran cometido”, segundo expusou o voceiro Alejandro Lorenzo.


“Iso suporía atrancar o funcionamento do Concello de Porriño durante anos e terminar pagando con xuros o que se debe”  respostou Lourdes Moure, concelleira de Fazenda que lembrou o voceiro da oposición “cando vostede estivo no goberno municipal con Nelson Santos aprobaron pagos de facturas por 18 millóns de euros mediante modificións de créditos e recoñecementos extraxudiciais”, sinalou a voceira socialista.


“Unha revisión xeral de oficio da facturación pendente sería unha temeridade” segundo Manuel Carrera mentres que Pedro Pereira e Pedro Ocampo tamén coincidiron en manifestar durante o pleno o seu rexeitamento a unha revisión de oficio “que sería unha temeridade” apostillou o voceiro do BNG. Pola súa banda Ocampo fixo a observación de que na conta 413 “sí se revisarán algunhas das facturas segundo acordamos na comisión informativa”, extremo co que estiveron dacordo BNG e PSOE.


Os concelleiros do PP presentaron votos particulares contra as modificacións de crédito propostas polo goberno municipal.  Os votos particulares foron derrotados e as propostas do goberno municipal sairon con 9 votos a favor (PSOE, EU Son, BNG e Carrera) e 8 abstencións (PP).


Unha desas modificacións de crédito, polo tanto aprobada hoxe, por importe de 473.000 euros é para pagar facturas con recoñecemento extraxudicial a dez empresas por servizos e obras. A aprobación da operación garante o pagamento en breve.


A outra modificación é por importe de 1.700.000 euros. O acordo adoptado hoxe pola maioría da Corporación determina a xeneración do crédito para o pagamento a 238  proveedores e empresarios do Concello de Porriño. Agás aquelas facturas que deban ser revisadas segundo o acordó de PSOE, EU Son e BNG. Para as restantes ainda que estará a súa ratiticación no seguinte pleno que será o ordinario de setembro.

 

Outro punto da sesión era a ratificación do contrato coa empresa “Ascan” para a limpeza viaria conforme decidiu hai meses a mesa de contratación. O PP pretendía derogar esa adxudicación alegando supostas deficiencias na prestación e tamén prantexou un voto particular que foi derrotado pola maioría da corporación. Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente do goberno municipal defendeu a adxudicación que” foi decidida nunha mesa de contratación con catro técnicos sen intervención de políticos”.


A adxudicación a “Ascan” foi ratificada con 7 votos a favor (PSOE, EU Son e Carrera) e 10 abstencións (PP e BNG).

 

Por último, nesta sesión plenaria quedaron finalmente aprobadas as retribucións da alcaldesa e concelleiros que forman o goberno municipal en réxime de adicación exclusiva, asunto que quedou pendente no pleno municipal do pasado 12 de xullo. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.