GALICIA
A Xunta autoriza unha nova bonificación nocturna do 50% para as peaxes na AG-55 e AG-57
Imaxe da AG-57 que une Puxeiros co Val Miñor
Feijóo sinala que será de aplicación directa a partir do vindeiro día 1 de outubro en todos os traxectos que discorran por estas autoestradas entre as 12 da noite e as 6 da madrugada
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación dunha nova bonificación nocturna do 50% para as peaxes nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57).
Tal e como explicou Feijóo será de aplicación directa a partir do vindeiro día 1 de outubro en todos os traxectos que discorran por estas autoestradas entre as 12 da noite e as 6 da madrugada. Así, prevese bonificar 200.000 viaxes no citado horario, xa que se aplicará a todos os vehículos, pesados e lixeiros, que conten co sistema de telepeaxe.
A este respecto, lembrou que na actualidade e desde o ano 2010 xa se aplica nestas autoestradas de titularidade autonómica nos días hábiles unha rebaixa do 25% do importe da viaxe de volta nun traxecto de ida de volta. Un desconto, incidiu, que se incrementa ata o 50% no segundo e posteriores viaxes de volta en ambas as dúas autoestradas co uso do vía-T.
Bonificaranse 200.000 viaxes no citado horario, xa que se aplicará a todos os vehículos, pesados e lixeiros, que conten co sistema de telepeaxe
Ademais, Feijóo fixo fincapé no feito de que as autoestradas de peaxes de titularidade galega contan coas tarifas máis baixas de España, ao tempo que incidiu en que estas bonificacións nas horas de menos tráfico perseguen atraer cara ás vías de altas prestacións aos vehículos que circulan a estas horas polas estradas convencionais co obxectivo de mellorar a seguridade e mobilidade viaria.
Cómpre salientar que as autoestradas de A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona dan servizo a centros de actividade económica como o Porto Exterior da Coruña, o polígono de Sabón e de Porto de Molle.
Xa para rematar, o presidente da Xunta enumerou varias das propostas que se lle trasladaron ao Goberno central para facer extensible ás autoestradas de titularidade estatal o modelo de bonificacións galegos. Tales como que os descontos se amplíen aos vehículos pesados, que non se apliquen subas que non se deriven directamente do IPC, e que se aplique unha bonificación nocturna e unha bonificación para usuarios frecuentes.
Imaxe da AG-57 que une Puxeiros co Val MiñorO presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación dunha nova bonificación nocturna do 50% para as peaxes nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57).
Tal e como explicou Feijóo será de aplicación directa a partir do vindeiro día 1 de outubro en todos os traxectos que discorran por estas autoestradas entre as 12 da noite e as 6 da madrugada. Así, prevese bonificar 200.000 viaxes no citado horario, xa que se aplicará a todos os vehículos, pesados e lixeiros, que conten co sistema de telepeaxe.
A este respecto, lembrou que na actualidade e desde o ano 2010 xa se aplica nestas autoestradas de titularidade autonómica nos días hábiles unha rebaixa do 25% do importe da viaxe de volta nun traxecto de ida de volta. Un desconto, incidiu, que se incrementa ata o 50% no segundo e posteriores viaxes de volta en ambas as dúas autoestradas co uso do vía-T.
Bonificaranse 200.000 viaxes no citado horario, xa que se aplicará a todos os vehículos, pesados e lixeiros, que conten co sistema de telepeaxe
Ademais, Feijóo fixo fincapé no feito de que as autoestradas de peaxes de titularidade galega contan coas tarifas máis baixas de España, ao tempo que incidiu en que estas bonificacións nas horas de menos tráfico perseguen atraer cara ás vías de altas prestacións aos vehículos que circulan a estas horas polas estradas convencionais co obxectivo de mellorar a seguridade e mobilidade viaria.
Cómpre salientar que as autoestradas de A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona dan servizo a centros de actividade económica como o Porto Exterior da Coruña, o polígono de Sabón e de Porto de Molle.
Xa para rematar, o presidente da Xunta enumerou varias das propostas que se lle trasladaron ao Goberno central para facer extensible ás autoestradas de titularidade estatal o modelo de bonificacións galegos. Tales como que os descontos se amplíen aos vehículos pesados, que non se apliquen subas que non se deriven directamente do IPC, e que se aplique unha bonificación nocturna e unha bonificación para usuarios frecuentes.





































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171