GALICIA
Feijóo destaca a creación dun grupo de traballo para a análise do brexit
Resalta entre os seus obxectivos a avaliación do impacto do brexit na Comunidade; instar as medidas necesarias para minorar o seu impacto ou requirir ante as autoridades competentes a solución dos problemas que se detecten
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hesta semana na rolda de prensa do Consello a creación dun grupo de traballo interdepartamental para a análise e o seguimento do proceso de retirada do Reino Unido da Unión Europea, “tanto do posible proceso de saída do Reino Unido da Unión Europea como das súas consecuencias, dos seus efectos e das súas incidencias en Galicia”, precisou.
Así, Feijóo explicou que entre os seus obxectivos destacarán: a avaliación do impacto do brexit na Comunidade; instar as medidas necesarias para minorar o seu impacto; requirir ante as autoridades competentes a solución dos problemas que se detecten; e a posta en valor dos mecanismos de información xa existentes no marco da Administración autonómica.
Sobre este punto, o titular do Goberno galego lembrou que a Xunta leva tempo traballando para avaliar os posibles efectos do brexit, remitindo en 2017 unha análise do seu impacto ao Parlamento e realizando varios informes específicos das posibles repercusións que puidera ter no sector pesqueiro. Ademais de coordinar un grupo de traballo específico dentro da Comisión do Arco Atlántico; desenvolver un papel activo no Comité Europeo das Rexións, organismo que traballa para subliñar a repercusión que podería ter o brexit en municipios e rexións; e asinar un memorando de cooperación co País de Gales para tratar de mitigar os seus efectos.
Nesta mesma liña, Feijóo referiuse tamén á creación do Foro galego do brexit, un observatorio para seguir todo este procedemento e as súas posibles consecuencias; e á posta en marcha dunha plataforma dixital, coordinada polo Igape e dirixida ás empresas galegas interesadas en solicitar unha diagnose da súa situación e de como deben actuar.
“En definitiva, fixemos os deberes, pero temos que intensificalos”, abundou, subliñando que este grupo de traballo estará formado por: unha presidencia, que recaerá no vicepresidente da Xunta; unha vicepresidencia, que será asumida polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria; e polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, que exercerá de secretario do grupo.
Incide en que a saída tería unha especial incidencia no sector pesqueiro galego, así como nas exportacións, pois o Reino Unido é un dos principais destinos, e afectaría tamén aos 15.000 galegos que residen neste territorio
Ademais, o presidente da Xunta subliñou que tamén forman parte do grupo as consellerías de Facenda, Educación, Universidade e Formación Profesional; Cultura e Turismo; Sanidade; Medio Rural e Mar, así como a Secretaría Xeral de Emigración.
En Galicia, o brexit tería unha especial incidencia, dixo, no sector pesqueiro, pois os seus efectos recaerían sobre 110 buques, 96 empresas e 700 tripulantes. Así mesmo, tendo en conta que o Reino Unido é un dos principais destinos das exportacións galegas, a saída influiría nos sectores do téxtil, automoción, agroalimentario, pedra, lousa, bens de equipo e produtos enerxéticos, ademais de afectar aos 15.000 galegos e galegas que residen neste territorio.
“En definitiva, trátase de estar preparados dentro das nosas competencias estatutarias para saber o que temos que facer e trátase tamén de participar, sempre que o Estado o solicite, nas distintas comisións sobre o brexit creadas polo Goberno central”, engadiu, e concluíu sinalando que a saída “sería unha moi mala noticia, en primeiro lugar para os británicos e, en segundo lugar para o proxecto europeo”, polo que agarda “que non se confirme nas próximas semanas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171