Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 09 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Instituense os premios “Cabezudos de Honra” no Porriño

O Concello de Porriño, a través da Concellería de Festas, colabora e apoia a iniciativa dunha asociación que ven de instituir os premios “Cabezudos de Honra” que pretenden homenaxear en vida a veciños e veciñas pola súa traxectoria e exemplo social.


Roberto Cuerdo, portavoz da “Asociación Cabezudos de Honra do Porriño” explicou na presentación do evento que “entendíamos que existe unha necesidade de premiar a persoas cunha trascendencia social, cultura e laboral no noso pobo, non por un feito puntúal senón polo exemplo de toda a súa vida”, segundo manifestou.

 

Para esta primeira edición, a asociación promotora elixiu a: Josefa Paz Valverde, máis coñecida como Doña Pucha, profesora con máis de 60 anos de exercicio na docencia en Porriño; Joaquín Diz Tato, máis coñecido en toda a vila como Cuquín, funcionario xubilado despois de 50 anos e un día de traballar no Concello e persoa de gran trascendecia social; e finalmente Teté Delgado, actriz, cantante e presentadora de televisión, vencellada a Porriño desde a súa infancia.

 

Estes galardóns consistirán na entrega dunha reproducción do busto do arquitecto Antonio Palacios e a confección dun cabezudo coa faciana caricaturizada de cada un dos galardoados que serán sacados nos festexos para ter presente a súa lembranza.


Para o busto de Palacios tomouse un molde hai uns días, instante que reflicte unha das fotografías que incluímos. Os cabezudos son realizados por un taller de Chapela en poliéster.


Os premios e os cabezudos entregaránse anualmente co gallo das Festas na mesma tarde que se realiza o pregón inaugural dos festexos. Polo tanto a estrea dos Premios Cabezudos de Honra de Porriño  será o vindeiro venres 20 de setembro nun acto nas escaleiras do Parque do Cristo ás 19 horas.

 

David Alonso, concelleiro responsable da organización das Festas do Cristo manifestou pola súa banda que “desexamos que a partir deste ano, esta iniciativa dos Cabezudos de Honra se consolide como unha tradición e que perdure no tempo por riba de quen sexa o que goberne Porriño”, sinalou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.