MOS
Máis de mil persoas gozaron da cultura urbana en Mos no II Festival “DeMostra”
Celebrouse o pasado sábado, 7 de setembro, nas inmediacións do Multiusos contando coa presencia da Directora Xeral de de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cistina Pichel Toimil
Máis dun milleiro de persoas pasaron o pasado sábado 7 de agosto polo contorno do Multiusos durante a II edición do Festival “DeMostra”, que contou tamén coa visita da Directora Xeral de de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cistina Pichel Toimil.
A cifra de asistentes aproximouse ás 1.100 persoas entre público e participantes nos torneos de Basket 3X3, BMX e Scooter e nos obradoiros de Break Dance, Parkour, Street Workout, Grafiti, Beatbox e Skate.
“DeMostra”, festival organizado polo Concello de Mos e subvencionado pola Xunta de Galicia, persegue o obxectivo de revitalizar o municipio de Mos nunha única data chea de dinamismo, cargada de entusiasmo e actividades. Coas cales idéase aproximar a cultura urbana ás mozas e mozos mosenses, como tamén á poboación das localidades próximas que se achegue ata o evento.
O desenvolvemento do festival “DeMostra” realizouse en horario de 11:00 horas a 23:00 horas, no contorno do Edificio Multiusos das Pozas. Esta localización facilita o ambiente distendido e permite tamén aproveitar as propias estruturas coas que conta o emprazamento ao seu ao redor, ligadas ás actividades que se realizarán.
Colaboraron coa dirección do evento organizacións e colectivos como “Vella Escola”, “Mohikane” ou “Novalbos”, entre outros, que se encargaron de supervisar e impartir os distintos obradoiros que se sucederon ao longo do día capitaneados por expertos nas distintas disciplinas que se dividiron nas incribles modalidades de: “Street Workout”, “Grafiti”, “Beatbox”, “Breakdance”, “Parkour” e “Skate”.
Celebráronse por outra banda torneos de Basket 3X3, BMX e Scooter. As competicións contaron con varias categorías e premios variados.
Entre público e participantes nos torneos de Basket 3X3, BMX e Scooter e nos obradoiros de Break Dance, Parkour, Street Workout, Grafiti, Beatbox e Skate aproximáronse aos 1.100 asistentes ao longo do día
Os shows tamén tiveron cabida no II “DeMostra” e consistiron en: Back to the Roots Break Show e Football Freestyle Show. Os concertos que amenizaron musicalmente a xornada foron os de Ando, Esos, Tempo, Luck e Invisivel.
Para desprazarse ata o evento os participantes dispuxeron de servizo de bus urbano gratuíto.
“DeMostra” tivo tamén un stand informativo sobre as vantaxes do carné xove ofertado pola Xunta de Galicia e ABANCA, así como unha parte de concienciación medioambiental, no marco da campaña Separar con Xeito (da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático) que, en colaboración con Ecoembes, tiña a finalidade de fomentar prácticas responsables en torno á correcta separación e reciclaxe dos residuos domésticos. O punto informativo desta campaña de sensibilización instalouse en horario de 16:00 h a 19:00 horas.
Con esta acción buscábase promover a economía circular a través da reciclaxe dos residuos xerados no fogar e concienciar aos asistentes da importancia da separación en orixe dos residuos domésticos, en particular dos envases que se depositan no contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) e o contedor azul (envases de papel e cartón), para o coidado do medio ambiente. Ademais da realización de actividades formativas para tódolos veciños e veciñas que se achegaran a coñecer de xeito máis axeitado o modelo da economía circular e de peche do círculo dos residuos domésticos, instaláronse puntos de reciclaxe para facilitar a correcta separación dos residuos que se xeraron durante a xornada nesa ubicación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218