O PORRIÑO
Comeza o arranxo das pistas do polideportivo municipal
Esta semana comezaron as tarefas de lixado, pulido e barnizado das pistas do Polideportivo Municipal. O inicio destes traballos estivo condicionado a dispor da achega económica de 48.387 euros que aporta a Deputación Provincial ó Concello do Porriño.
Durante esta semana realizarase o arranxo da pista 2. E posteriormente acometeráse a pista 1, conforme negociou o concelleiro David Alonso cos clubs deportivos e usuarios das pistas do Polideportivo. No caso dalgunhas entidades buscaronse pola Concellería alternativas para adestrar nas pistas dos CEIP de Torneiros e Atios namentres executanse os arranxos no Pavillón Municipal.
Estes traballos englobanse nas melloras que o Concello está a implementar no Polideportivo Municipal como a recente estrea das novas máquinas instaladas no ximnasio e as que se realizan na piscina cunha inversión global de 80.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184