PROVINCIA
Máis de 400 mulleres comezan desde este mércores 22 accións formativas de “Conectadas”
Os obradoiros de igualdade da Deputación de Pontevedra serán desenvolvidos en 18 concellos da provincia
O programa da Deputación de Pontevedra “Conectadas 2019” continúa poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Deste xeito, desde este mércores, 405 mulleres pertencentes a asociacións de 18 concellos pontevedreses comezan 22 cursos. En liñas xerais, a través desta iniciativa da institución provincial, está previsto que participen 4.000 mulleres de 53 concellos da provincia.
O mércores 11 de setembro comezarán seis cursos en asociacións dos concellos do Grove, Redondela, Salceda de Caselas e Vigo. No Grove terán lugar dous cursos, un de “Teatro” , no que participarán as mulleres da Asociación Española contra o Cancro ata o 11 de decembro e en horario de 18.30 a 21.00 horas, e outro de “Artesanía en Coiro” no que participarán integrantes da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove ata o 27 de novembro e en horario de 18.30 a 21.00horas tamén os mércores.
En Redondela tamén mañá comeza o curso de “Ioga” dirixido á Asociación de Mulleres de Chapela Agarimo. Neste caso, o curso terá lugar todos os mércores de 17 a 19 horas e ata o 15 de xaneiro.
Pola súa banda en Salceda de Caselas arrancarán mañá dous cursos de “Ioga”, nos que participarán integrantes da Asociación de Vecinos Carballeira-Picoña, e de “Pilates”, dirixido ás mulleres do Centro Cultural e Veciñal San Xorxe. O primeiro dos cursos terá lugar os mércores de 20 a 21.30 e os venres de 19 a 20.30 e rematará o 27 de novembro e o segundo dos cursos o mércores de 21.30 a 22.30 e os venres de 21.15 a 22.15 ata o 15 de xaneiro.
No caso de Vigo comezará mañá o “Obradoiro de Mindfulness” no que participarán mulleres da Asociación veciñal Doutor Fleming. O curso desenvolverase os mércores de 10 a 12 e ata o 11 de decembro.
O xoves, 12 de setembro, comezarán catro cursos en asociacións dos concellos de Barro, A Guarda, O Porriño e Vilagarcía de Arousa. No primeiro concello terá lugar o obradoiro de “Iniciación ao Patchwork” no que participarán integrantes da Asociación Peñaflor todos os xoves de 15.30 a 17.30 horas ata o 11 de decembro. Na Guarda, terá lugar un curso de “Risoterapia” dirixido a mulleres da Asociación Érguete que se desenvolverá de 18.40 a 20.40 todos os xoves ata o 2 de xaneiro.
Pola súa banda no Porriño terá lugar un curso de “Artesanía en Coiro” dirixido a mulleres da Asociación Cultural Os Penediños, todos os xoves de 19.30 a 22.00 horas e ata o 26 de decembro. Finalmente, e tamén o xoves, arrancará o curso de “Pilates” no que participarán mulleres da Asociación Anduriña de Sobradelo de Vilagarcía ata o 30 de xaneiro e en horario de 18 a 19.30.
O venres, 13 de setembro, comezarán nove cursos en asociacións de oito concellos da provincia: Caldas, Lalín, Mos, Oia, Ponteareas, Rodeiro, Vila de Cruces e Vilaboa. Así, en Caldas iniciarse o taller de “Artesanía en Coiro” no que participarán mulleres da Asociación Santa Mariña todos os venres de 16 a 19 horas ata o 20 de decembro. En Lalín mulleres da Asociación de Mulleres de Filgueira comezarán o curso de “Pintura” que se estenderá ata o 18 de xaneiro en horario de 20 a 22.00. No caso de Mos terá lugar un obradoiro de “Risoterapia” no que participarán mulleres da Asociación As Pedriñas ata o 27 de decembro de 20.30 a 23 horas.
Pola súa banda tamén o venres iníciase un curso de “Iniciación á Costura” no que participarán mulleres da Asociación Santa Eugenia de Mougás de Oia ata o 27 de decembro e en horario de 18 a 20.30. No concello de Ponteareas, un grupo de mulleres da Asociación Casa Cultural de Bugarín comezan o curso de “Pintura” que se estenderá ata o 27 de decembro en horario de 18 a 20.30. En Vila de Cruces arrancará “Ximnasia de Mantemento” no que participarán todos os venres de 22 a 24 horas e ata o 17 de xaneiro un grupo de mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Loño. Amais en Vilaboa comezará “Iniciación ao patchwork” con mulleres da Asociación de Veciños Santa Cristina ata o 21 de decembro e en horario de 19 a 21.30.
Finalmente en Rodeiro desenvolveranse dous cursos os venres nos que participarán mulleres da Asociación Virxe do Faro e Terras de Camba. No caso da primeira asociación comezarán o obradoiro de “Xardinería”, que se estenderá ata o 13 de decembro en horario de 17 a 20 horas, e, a segunda asociación, fará o mesmo con “Risoterapia” ata o 27 de decembro en horario de 16 a 18.30 os venres.
O sábado, 14 de setembro, comezarán tres cursos nos concellos da Estrada, Silleda e Vigo. Na Estrada terá lugar un obradoiro de “Sendeirismo” no que participarán mulleres da Asociación de Veciños a Firgha da Somoza e se desenvolverá ata o 7 de decembro todos os sábados de 16 a 19 horas. En Silleda desenvolverse unha acción formativa de alfabetización dixital dirixida a mulleres da parroquia de Laro todos os sábados ata o 21 de decembro e en horario de 16 a 18.30 horas. Finalmente en Vigo terá lugar un obradoiro de “Sendeirismo” que comezará o sábado e desenvolverse ata o 7 de decembro de 10 a 13 horas.
“Conectadas 2019” trátase dun programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para apoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Amais, esta iniciativa tamén busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital. Este programa está dirixido a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento e actuación, o empoderamento feminino e a consecución da igualdade de mulleres e homes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104