Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Viernes, 13 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

As familias con ingresos limitados xa poden solicitar as axudas para material escolar

A concellería de Ensino, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández, informa que xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia as bases das axudas para libros e material escolar para o curso 2019/2020 destinadas ao alumnado matriculado en educación infantil (4º, 5º e 6ª), FP básica, ciclos formativos e bacharelato.


O prazo de admisión de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2019 estando destinadas a familias con ingresos limitados. Un total de 21.000€ para as familias empadroadas no Concello de Ponteareas que teñan menores ao seu cargo, matriculados para o curso escolar 2019/2020 nalgún centro de ensino de Ponteareas en Educación Infantil (4º, 5º e 6º), FP Básica, Ciclos Formativos e Bacharelato, ou noutra localidade no caso de CF ou Bacharelato, para axudas de libros de texto e material escolar e que non dispoñan de ningunha outra axuda de organismo público.


As bases e impresos de solicitude poden consultarse na páxina web do concello na pestaña Ensino / convocatoria axudas https://ponteareas.gal/servizos/ensino/convocatoria-axudas/


Por quinto ano consecutivo a concelleira de Ensino colabora coas familias aportando un apoio máis que garanta o acceso a un ensino público de calidade e que acurte as diferencias sociais e garanta a igualdade de oportunidades.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.