MOS
O BNG reclama máis paradas do servizo comarcal de autobús
Aseguran que o proxecto da Xunta contempla unha única parada en Puxeiros para as liñas que atravesan o termo municipal a través da N-120 e a A-55
"O concello de Mos sairá moi prexudicado se sae adiante a proposta para o transporte de viaxeiros por estrada realizada dende a Xunta de Galiza". Así o entende o BNG, que pediu explicacións no último pleno "ante a inacción do goberno do PP. O portavoz nacionalista, Gustavo Barcia, preguntou se o Concello de Mos presentara algunha alegación ao proxecto da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a resposta, por parte da concelleira Julia Loureiro, foi que o proxecto afectaba só a dúas liñas, minimizando así o seu impacto real".
O documento da Consellería de Infraestruturas presenta "numerosos erros e contradicións sobre a demanda actual do servizo" segundo o BNG
"Ante o desleixo do goberno municipal o BNG de Mos, en conxunto co da Comarca de Vigo, decidiu presentar unha serie de alegacións encamiñadas a garantir unha mobilidade sustentábel e responsábel. O Consello Local do BNG defende a necesidade de que as liñas de transporte público das comarcas do Baixo Miño e Condado-Paradanta que atravesan Mos a través da N-120 e a A-55 conten, como mínimo, con tres paradas en Sanguiñeda, diante da casa do Concello e en Puxeiros. Deste modo, o servizo podería contribuír a fortalecer a cohesión social, a garantir a seguridade e preservar o uso en condicións dos espazos públicos, algo que este proxecto non cumpre" sinalan os nacionalistas.
Erros no documento
O BNG denuncia, ademais, que "o documento elaborado pola Consellería non é válido para unha correcta avaliación da proposta. Presenta numerosos erros e contradicións, un exemplo son as cifras relativas á demanda actual de mobilidade no concello de Mos". Neste sentido, os datos do anteproxecto para a zona do Baixo Miño e o sur da comarca de Vigo (XG883) son distintos dos que figuran no apartado correspondente á zona sur da comarca da Paradanta e O Condado (XG888):
RUTA
XG883
XG888
Vigo – Mos
3.285
3.810
Vigo – O Porriño
27.466
25.433
Mos – O Porriño
1.273
1.812
Mos – Vigo
2.857
3.810
Por outra parte, na propia memoria do documento indícase que “a capacidade da Administración para establecer as tarifas a abonar polas persoas usuarias en cada caso inclúe a posibilidade de establecer bonificacións xerais”. O BNG entende que as tarifas e as bonificacións correspondentes deben quedar xa definidas con claridade no propio anteproxecto e que deben ser, ademais, de carácter obrigatorio e non opcional.

|
RUTA |
XG883 |
XG888 |
|
Vigo – Mos |
3.285 |
3.810 |
|
Vigo – O Porriño |
27.466 |
25.433 |
|
Mos – O Porriño |
1.273 |
1.812 |
|
Mos – Vigo |
2.857 |
3.810 |
Por outra parte, na propia memoria do documento indícase que “a capacidade da Administración para establecer as tarifas a abonar polas persoas usuarias en cada caso inclúe a posibilidade de establecer bonificacións xerais”. O BNG entende que as tarifas e as bonificacións correspondentes deben quedar xa definidas con claridade no propio anteproxecto e que deben ser, ademais, de carácter obrigatorio e non opcional.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218