O PORRIÑO
O CEIP de Atios acolleu o acto oficial de apertura do curso escolar no Porriño
Lourdes Moure, concelleira de Educación presidiu hoxe o acto oficial de apertura do curso escolar na vila do Porriño. Para este curso 2019/2020 a previsión da comunidade educativa porriñesa é que estean escolarizados nos sete colexios, no centro Aceesca e nos dous institutos, unha cifra superior ós 3.000 rapaces e rapazas.
O acto de apertura se celebrou no CEIP de Atios, con asistencia de directores de centros docentes e representantes das Anpas. Roberto Devesa, director do colexio anfitrión nesta quenda, agradeceu ó Concello do Porriño, a Consellería de Educación e ós pais e nais de alumnos o esforzo común que realizaron para acometer as obras de mellora neste CEIP, tanto nas instalacións educativas como no pabellón deportivo.
Na mesma liña falou Fabián Vázquez, presidente da Anpa que instou a alumnos e profesores a manter un nivel permanente de esforzo.
Pola súa banda Lourdes Moure garantiu que o Concello deo Porriño vai continuar coas políticas de apoio á comunidade educativa que “por certo coma esta do Porriño coido que non hai outra tan activa”, dixou.
“Imos seguir coa Semana Branca para que os escolares de todos os colexios do Porriño que o desexen vaian á neve como fixemos nos últimos catro anos nunha iniciativa pioneira neste concello”, manifestou Lourdes Moure que anunciou que se aumentará esa partida nos Orzamentos Municipais para o vindeiro ano.
Lourdes Moure lembrou ós presentes que O Porriño é Cidade Amiga da Infancia “o que obriga a manter políticas activas a prol dos nenos que se plasmen nos plenos municipais infantis que seguiremos celebrando”. E por último a concelleira de Educación reivindicou os irmandamentos coas vilas de Fronçac (Francia) e Vrgorac (Croacia) para fomentar a aprendizaxe de francés e inglés para os nenos e nenas do Porriño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184