MOS
Arranca O Son do Pazo coas actuacións de Airiños do Castelo, Böj e Algarabía
A quinta edición do Festival Intercéltico de Mos celébrase na contorna do Pazo ao longo desta fin de semana
Xa está todo preparado en Mos para a celebración do quinto Festival Intercéltico O Son do Pazo. Mañá venres, 13 de setembro, a banda de gaitas Airiños do Castelo do C.C.D. Santa Eulalia, será a encargada de abrir a programación musical do evento ás 22:30 horas. A súa actuación servirá de aperitivo para o espectáculo de Böj, unha banda de referencia da escena folk galega cun repertorio integrado fundamentalmente por pezas procedentes da tradición escocesa e irlandesa. Tras eles, Algarabía serán os encargados de pechar a festa na primeira noite do Festival.
A música seguirá soando durante toda a xornada do sábado 14 na contorna do Pazo de Mos. Ás 13:00 horas dará comezo unha sesión vermú moi animada con Zurrumalla e as regueifas de Lupe Blanco e Bieito Lobariñas. Haberá pulpeiro e varias food trucks que permitirán gozar a todos os asistentes dunha ampla oferta gastronómica. A carpa do festival contará con mesas para comer e durante a sobremesa haberá actividades dirixidas aos máis cativos.
Atlántida de Matamá, Arume, Pepe Vaamonde e Airiños da Freba protagonizarán os concertos da noite do sábado
Pola tarde, chegarán Os Monifates co seu espectáculo de rúa, no que mesturan a música e os monicreques. A Treboada do Baixo Miño levará o son contundente dos seus bombos para facer vibrar a todo o público, que terá tamén a oportunidade de aprender danza irlandesa cun obradoiro a cargo de Edel Duff. Xa pola noite, os concertos volverán ao escenario principal do Son do Pazo da man de artistas de primeiro nivel: a banda de gaitas Atlántida de Matamá, Arume, Pepe Vaamonde Grupo e os lucenses Airiños da Freba.
Como vén sendo habitual, esta quinta edición do Festival contará con zona de acampada gratuíta no Pavillón Patricia Martínez e un amplo espazo para aparcar no parque da Pesqueira. Haberá, ademais, unha completa programación paralela con mercado de artesanía e exposicións sobre o traxe galego e “A gaita na música tradicional galega”.
Premio Mestre Machiño
Na noite do sábado o escenario principal acollerá tamén a entrega do premio Mestre Machiño, un galardón que leva o nome do histórico mestre de baile do C.C.D. Santa Eulalia e que serve para recoñecer cada ano a algunha persoa ou entidade que destacara na defensa e divulgación da música e da cultura tradicional. Nesta ocasión, a homenaxeada será a mestra de baile, investigadora, pandereteira e compoñente de Leilía Felisa Segade.
VENRES 13 DE SETEMBRO
22:30H – Inicio dos concertos e apertura do mercado e as exposicións.
-
- AIRIÑOS DO CASTELO
-
- BÖJ
-
- ALGARABÍA
O son do Pazo
Exposición de traxe galego, exposición dos premios Mestre Machiño e exposición “A gaita na música tradicional galega”
SÁBADO 14 DE SETEMBRO
11:00H – Apertura do mercado e exposicións 13:00H – Sesión vermú con polbo á feira Concerto de ZURRUMALLA e REGUEIFAS Xantar nas food trucks instaladas no recinto 17:30H – Animación de rúa: Os Monifates 18:30H – Treboada Baixo Miño
19:00H – Obradoiro aberto de baile irlandés: Edel Duff 20:30H – Treboada Baixo Miño
21:30 H – Inicio dos concertos
-
ATLÁNTIDA DE MATAMÁ
-
ARUME
-
PEPE VAAMONDE GRUPO
-
AIRIÑOS DA FREBA

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218