VIGO
O goberno local inicia as obras da nova zona verde e de ocio de Candeán
O goberno presidido por Abel Caballero conta cun orzamento de 714.000 euros para a obra, unha espazo de 20.000 m2 sobre o falso túnel da autoestrada, próxima á praza da igrexa onde se celebran os actos festivos e que quedou "minúscula", en verbas do alcalde
O obxectivo do Concello, tal e como explicou Abel Caballero, é crear unha zona verde e de ocio para Candeán que contará con espazos para actividades festivas, unha pradeira con terra vexetal e arborado, e unha zona de estacionamento. A obra contempla a instalación de alumeado público e acometidas de saneamento e abastecemento.
Abel Caballero anotou que a zona da igrexa quedou "minúscula" para as celebracións da parroquia e este novo espazo de 20.000 metros cadrados quere gañar amplitude para os actos festivos de Candeán. Ademais, adiantou o alcalde vigués que o Concello prevé adecuar o atrio e a propia igrexa, co obxectivo de legar ás vindeiras xeracións o patrimonio histórico e relixioso vigués "no mellor estado posible".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149