Jueves, 12 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 14 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

Atlántida de Matamá, Arume, Pepe Vaamonde e Airiños da Freba protagonistas hoxe no Festival Intercéltico de Mos

A música seguirá soando durante toda a xornada de hoxe sábado 14 na contorna do Pazo de Mos. Ás 13:00 horas dará comezo unha sesión vermú moi animada con Zurrumalla e as regueifas de Lupe Blanco e Bieito Lobariñas. Haberá pulpeiro e varias food trucks que permitirán gozar a todos os asistentes dunha ampla oferta gastronómica. A carpa do festival contará con mesas para comer e durante a sobremesa haberá actividades dirixidas aos máis cativos.

 

 

 

 

Atlántida de Matamá, Arume, Pepe Vaamonde e Airiños da Freba protagonizarán os concertos da noite do sábado

 

 

 

 

Pola tarde, chegarán Os Monifates co seu espectáculo de rúa, no que mesturan a música e os monicreques. A Treboada do Baixo Miño levará o son contundente dos seus bombos para facer vibrar a todo o público, que terá tamén a oportunidade de aprender danza irlandesa cun obradoiro a cargo de Edel Duff. Xa pola noite, os concertos volverán ao escenario principal do Son do Pazo da man de artistas de primeiro nivel: a banda de gaitas Atlántida de Matamá, Arume, Pepe Vaamonde Grupo e os lucenses Airiños da Freba.

 

Como vén sendo habitual, esta quinta edición do Festival contará con zona de acampada gratuíta no Pavillón Patricia Martínez e un amplo espazo para aparcar no parque da Pesqueira. Haberá, ademais, unha completa programación paralela con mercado de artesanía e exposicións sobre o traxe galego e “A gaita na música tradicional galega”.

 

Premio Mestre Machiño

Na noite do sábado o escenario principal acollerá tamén a entrega do premio Mestre Machiño, un galardón que leva o nome do histórico mestre de baile do C.C.D. Santa Eulalia e que serve para recoñecer cada ano a algunha persoa ou entidade que destacara na defensa e divulgación da música e da cultura tradicional. Nesta ocasión, a homenaxeada será a mestra de baile, investigadora, pandereteira e compoñente de Leilía Felisa Segade.

 

O son do Pazo

Exposición de traxe galego, exposición dos premios Mestre Machiño e exposición “A gaita na música tradicional galega”

 

Programación SÁBADO 14 DE SETEMBRO


11:00H – Apertura do mercado e exposicións 13:00H – Sesión vermú con polbo á feira Concerto de ZURRUMALLA e REGUEIFAS Xantar nas food trucks instaladas no recinto 17:30H – Animación de rúa: Os Monifates 18:30H – Treboada Baixo Miño

 

19:00H – Obradoiro aberto de baile irlandés: Edel Duff 20:30H – Treboada Baixo Miño
21:30 H – Inicio dos concertos

 

  • ATLÁNTIDA DE MATAMÁ

  • ARUME

  • PEPE VAAMONDE GRUPO

  • AIRIÑOS DA FREBA

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.