Provincia
Carmela Silva amosa a súa indignación polo triple crime de Valga
As bandeiras das sedes da Deputación en Pontevedra e en Vigo ondean a media hasta dende esta mañá. Adiántase para esta noite a iluminación de violeta prevista para o día 20 de setembro con motivo da campaña #EmerxenciaFeminista
A presidenta da Deputación de Pontevedra amosou esta mañá a súa condena, repulsa, e indignación ante o triplo crime machista acometido en Valga. “Todas e todos sentímonos moi conmocionadas e indignadas –manifestou Carmela Silva- porque a noticia terrible de Valga golpéanos como sociedade: o asasinato de Sandra, Alba e Elena. Tres asasinatos machistas, tres feminicidios”.
Silva amosou a súa solidariedade e a do goberno provincial coa familia e amizades das tres vítimas. “Dende a Deputación de Pontevedra –declarou a presidenta- queremos estar ao lado de Valga, ao lado da familia de Sandra, Alba, Elena, deses dous nenos de 5 e 8 anos, e dicirlle que non hai dereito, que é unha inxustiza, que é insoportable e non hai palabras para poder definir toda esta dor que sentimos”. Deste xeito, a presidenta e o goberno provincial sumaranse mañá á concentración convocada ás 12.00 pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
A presidenta instou ás e aos dirixentes políticos a manter un firme compromiso coa igualdade e contra as violencias machistas. “As mulleres que creemos na igualdade estamos moi afectadas. Queremos que se recoñeza alto e claro que existen as violencias machistas e queremos o compromiso contundente de que non se vai pactar con quen as nega”, asegurou Silva. “Hoxe algúns irán a Valga e farán declaracións condenando os feminicidios. Os mesmos que pactan con Vox, con aqueles que negan a violencia machista e a eles me dirixo para dicirlles que xa está ben. Estamos fartas de hipocresía”.
Desde o coñecemento do asasinato a tiros de Sandra, da súa nai Elena e irmá Alba, as bandeiras das sedes da Deputación de Pontevedra na cidade do Lérez e en Vigo ondean a media hasta. Ademais, o goberno de Carmela Silva adianta para esta mesma noite a iluminación de violeta do Pazo provincial e da Sede de Vigo prevista para o día 20 de setembro, con motivo da campaña “EmerxenciaFeminista” á que a Deputación de Pontevedra aprobou sumarse no pasado Pleno.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104