Galicia
A Xunta expresa a súa enérxica condena ante o asasinato de tres mulleres en Valga
O Goberno galego recorda que calquera precise axuda ten a súa disposición o teléfono da muller 900400273 ou o 016, gratuíto e confidencial
A Xunta de Galicia expresa a súa máis enérxica condena ao asasinato de tres mulleres no concello de Valga, que se está investigando como un posible delito de violencia de xénero.
O Goberno galego manifesta a súa consternación ante este crime e, á espera de que a investigación confirme se é un caso de violencia de xénero, fai un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra esta repudiable lacra.
Así mesmo, a Xunta anima ás persoas que estean sendo vítimas de malos tratos a denunciar para que así se lles poidan prestar as axudas necesarias para rachar coa situación de violencia na que están inmersas. Teñen a súa disposición un amplo abano de medidas: protección policial, axudas económicas, asesoramento e información, apoio psicolóxico ou a rede de casas de acollida.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49