Miércoles, 25 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Marzo de 2026 a las 08:49:34 horas

Xornal21.es
Viernes, 13 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño lanza as campañas “Se bebes, non arrisques” e “De troula, con-sentido”

Realizaranse controis de alcoholemia voluntarios, é dicir, a solicitude dos propios condutores, pero tamén de forma aleatoria, e controlarase a venda de alcohol a menores

A Concellería de Seguridade, Tráfico e Persoal, que dirixe Ismael Torrón, presentou onte no Concello de Tomiño, a campaña “Se bebes, non arrisques, fai a proba”, que se levará a cabo estes días de festa no Recinto do Alivio.

 

Paralelamente, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Cristina Martínez, presentou a campaña “De troula con-sentido”, que procura conseguir unhas festas libres de violencia sexista. Ambos representantes do goberno local fixeron estas presentacións no transcurso dunha reunión celebrada este mediodía no Concello e na que participaron ademais representantes da Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e Comisión de Festas Virxe do Alivio.

 

 

 

 

Policía Local e Garda Civil vixiarán tamén posibles agresións e abusos que puideran producirse durante as verbenas

 

 

 

 

Varias patrullas da Policía Local de Tomiño, realizarán controis voluntarios de alcoholemia durante as noites, xunto á capela do Alivio. Así o explicou o xefe da Policía Local, José Ramón Álvarez. Os controis poderán ser voluntarios, é dicir, a solicitude dos propios condutores que desexen coñecer a súa taxa de alcohol en sangre antes de coller o vehículo, pero tamén se realizarán de forma aleatoria, como o establece a lei neste tipo de eventos. O dispositivo de seguridade contará coa colaboración de membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tomiño e axentes do posto da Garda Civil.

 

O Concello de Tomiño recomenda non excederse no consumo de alcohol ás persoas que asistan ás festas patronais, lembrando a prohibición da venda a menores. Asemade, avoga por unhas festas máis respectuosas e en igualdade, nas que non se produzan nin toleren agresións sexistas nin calquera outro tipo de violencia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.96

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.