Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 19 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
O ROSAL

Reunión do goberno rosaleiro coa Agrupación Musical do Rosal

O goberno Rosaleiro continúa reuníndose co asociacionismo dentro do programa #AVeciñanzaConta. Desta volta foi o turno da Agrupación Musical do Rosal. 


A alcaldesa, Ánxela Fernández e a concelleira de cultura, Sara Vicente, mantiveron unha xuntanza cos membros da diretiva da Agrupación Musical. Entre outras cuestións trataron a planificación cultural de cara ós orzamentos do ano que ven.


“Temos un tecido asociativo moi amplo e rico. Unha singularidade a destacar e valorar moito do noso pobo.


O proxecto da Agrupación comezou fai máis de 30 anos. É un proxecto consolidado e que enche de cultura e música o noso Concello e a nosa Comarca, cunha escola de música que fomenta que os cativos poidan aprender desde ben pequenos esta linguaxe universal. A música é vida e a vida da música no Rosal latexa forte grazas, en gran medida, ao traballo que ven facendo a Agrupación desde o seu comezo. Hoxe son moitos os veciños e veciñas que teñen a música nas súas vidas dunha ampla franxa de idade e tamén, como acontece noutros ámbitos, moitos os profesionais da música que naceron na Escola da agrupación”, afirma a alcaldesa.


O goberno quere agradecer a boa disposición que amosaron os membros da Agrupación así como a súa colaboración.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.