Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 16:59:08 horas

Xornal21.es
Miércoles, 18 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O goberno local preocupado polo problema do “botellón”

Celebraranse encontros e reunións con profesionais, colectivos sociais, mocidade e veciñanza

O goberno local puxo en marcha esta semana o proceso de participación dentro do seu plan de análise e medidas respecto ao fenómeno do botellón. Celebraranse un total de once encontros ou reunións sectoriais. Nesta primeira semana reuniranse mesas de carácter interno municipal, comezando por un encontro con toda a plantilla da Policía Local para tratar a problemática desde a perspectiva da seguridade cidadán, convivencia e seguridade vial. Continuarán os encontros coa concellaría de Medio Ambiente e a concesionaria de recollida de resíduos FCC para abordar o problema de residuos e sucidade que xenera o botellón e unha reunión da Concellaría de Igualdade e o CIM para analizar o fenómeno desde a perspectiva de xénero. Esta primeira fase concluirá cun encontro dos grupos municipais e políticos e unha reunión de traballo da asesoría xurídica municipal e a concellería de Bo Goberno para revisar e actualizar o marco normativo necesario para abordar o problema.

 

Na derradeira semana de setembro e primeira de outubro sucederanse os encontros de carácter social, cunha mesa de mocidade á que se convocará á mocidade en xeral, aos participantes no botellón e colectivos xuvenís. Celebrarase un encontro coa veciñanza en xeral e, en particular, coas persoas das zonas máis afectadas así como co sector da hostalaría de ocio nocturno. Por último, celebraranse dous encontros con profesionais da administración: un coa comunidade educativa na que participarán representantes de todos os centros de ensino de Ponteareas, así como as ANPAS, e unha mesa de saúde pública na que se contará con representantes do Centro de Saúde de Ponteareas, o servizo municipal de prevención de drogodependencias e a asociación para a promoción da saúde AMAINA.

 

O edil de Bo Goberno, Roberto Mera, que coordina o grupo de traballo sobre o botellón, sinalou que nas últimas semanas se adoptaron algunhas medidas provisionais para mitigar os problemas de convivencia. Por unha banda iluminouse completamente a Feira Vella nas noites dos sábados, unha medida disuasoria para reducir comportamentos incívicos como berros ou actos vandálicos. Ademais, a Policía Local prohibíu a emisión de música e impedíu o uso de equipos de son, incautándose dun total de catro dispositivos por reincidencia. Mera aclarou que “entre os participantes no botellón os comportamentos incívicos son minoritarios, pero debemos atallalos para garantir a convivencia e o civismo en Ponteareas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.