Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 17 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Retómase o proxecto dunha gardería no polígono industrial da Granxa

A alcaldesa Eva García e directivos da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial de A Granxa retomaron o proxecto de construir unha gardería infantil. Nun recente encontro que mantiveron  acordouse elixir a parcela 256-C para o que o pasado 4 de setembro “Zona Franca” solicitou do Concello de Porriño que confirmase que cabía darlle ese uso.


A proposta xa conta cos informes favorables da arquitecta e do secretario do Concello do Porriño polo que administración municipal e empresarios do polígono poden reemprender as xestións para acadar fondos económicos para a construcción da gardería.


O proxecto experimentou un pulo transcendental a partires da implicación do Consorcio da Zona Franca que cede a parcela e solicitou o cambio de uso que veñen de informar favorablemente os servizos técnicos municipais.


Agora corresponde ós empresarios do Polígono solicitar novamente a subvención da Xunta de Galicia pois renunciaran á que tiñan concedida de 200.000 euros por que non eran quén de acometer e rematar o proxecto anterior na data esixida pola administración autonómica que é o vindeiro 31 de outubro. Asimesmo corresponderá a Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial, a execución da obra e o seguimento da actividade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.