Galicia
O Parlamento aproba unha proposta socialista para a sinalización de bateas
A Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición non de Lei para urxirlle ao goberno galego a aprobar o Plan de sinalización de bateas anunciando en 2015 e que debera de estar rematado en 2017. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamou esta actuación “básica para garantir a seguridade das en torno a 4.000 embarcacións que operan nas augas interiores”.
Toja alertou do perigo potencial dos en torno a 3.300 artefactos que actualmente se estima que flotan nas rías galegas, sinaladamente en Arousa, Pontevedra e Vigo, que acumulan 3.000 delas, mentres a Xunta “pouco máis fixo que poñer escusas” dende que presentaron o dito Plan. Lamentou que a pesares de que teñan pasado 4 anos, o Executivo “non foi capaz de levalo a cabo”.
Alertou de que “cumpriron perfectamente na parte da publicidade e propaganda, pero esqueceron o máis importante, que é levalo a cabo”, ata o punto de que “moito nos tememos que non teñan nin idea de cando se levará a cabo”, polo que nas respostas do goberno “non ofrecen ningunha resposta en canto aos prazos que barallan para que o plan sexa unha realidade”.
Lembrou que de acordo co proxecto anunciado con Portos de Galicia tiñan previsto instalar en 2017 un total de 105 balizas, sinalizar as canles de acceso aos portos e polígonos de bateas de Baiona, Camariñas, Muros – Noia, Corme e Laxe, Ría de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña, ademais de Pontevedra, Vigo e Arousa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49