Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 17 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Concentración contra a violencia de xénero en Mos

O Concello de Mos, en nome dos seus veciños e veciñas de Mos, desexa manifestar a súa firme repulsa e condena polo terrible asasinato   ,en Valga ,no día de onte,  de tres mulleres María Elena, Alba e Sandra, a mans do exmarido desta última. Como voceira desta institución, quero expresar tamén a nosa profunda dor, desolación e indignación por este triple asasinato machista , que nos sobrecolleu no día de onte, e desexo  trasladarlle o noso sincero pésame e apoio á familia de María Elena , Alba e Sandra e a toda a veciñanza dese concello.


A violencia machista golpéanos unha vez máis a toda a cidadanía galega,da forma máis brutal posible que é coa morte de tres mulleres; un feito que nos leva a indignación neste momento, pero como representantes políticos, temos a obriga de seguir no empeño de loitar contra esta lacra que atenta contra o dereito fundamental que  é a vida humana .


O Concello de Mos manifesta TOLERRANCIA CERO ante calquera comportamento machista e de ahí o noso interés prioritario en desenvolver  políticas activas de cara a prevención e erradicación da violencia de xénero no noso concello e o fomento da igualdade de cara a conseguir una sociedade na que os comportamentos machistas non teñan cabida e sexan totalmente REXEITADOS POR TODAS AS PERSOAS.


A día de hoxe son 5 mulleres as que tinxen de negro este 2019 en Galicia e dende o ano 2003 que se empezaron a rexistrar estos  asasinatos machistas, van 1016 mulleres en España. Desde aquí, desde o Concello de Mos insistimos no noso compromiso de traballar na erradicación desta violencia que non debe ter cabida na nosa sociedade e subscribimos neste manifesto o nosa implicación e traballo constante na defensa dunha sociedade xusta e igualitaria para homes e mulleres. Seguros de que todos os que estamos aquí hoxe, así como todos os veciños de Mos, se suman a este manifesto, pedimos agora gardar un minuto de silencio polas tres mulleres vítimas de violencia de xénero no día de onte en Valga, así c   omo por todas e cada unha das que teñen sido asasinadas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.