Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 17 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda foi o punto de partida para o Proxecto" XacobeoAutismo, Un Camiño de todos"

O martes día 17 de setembro tivo lugar na Casa dos Alonsos a recepción aos participantes no proxecto Xacobeo Autismo, un proxecto para persoas con TEA organizado dende a Fundación Menela e co apoio do Concello da Guarda, o Concello de Nigrán e a Xunta de Galicia.

 

Na recepción oficial participaron Cipriano Luis Jiménez Casas, director xeral da Fundación MENELA; Juan A. González Pérez, alcalde de Nigrán; Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; Beatriz Lomba Rodríguez, concelleira de Turismo e Servizos Sociais e Anxo Baz, Tenente de alcalde de A Guarda.

 

Desta volta participaron persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) do Centro Castro Navás – Fundación Menela,  acompañados por profesionais especializados da entidade e da Asociación Avelaíña e do Centro San Xerome.

 

Despois da recepción oficial iniciaron o seu camiño, a ruta que vai paralela a liña costeira, durante un percorrido de 10 quilómetros que hai ata Portecelo, fin da primeira etapa. En total realizarán un tramo do Camiño Portugués da Costa dende A Guarda ata Nigrán, organizado en 7 etapas que transcorreran durante os meses de setembro e outubro, e nas que se achegarán a nosa cultura, o noso patrimonio, a nosa gastronomía e a nosa arte.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.