PROVINCIA
Medio Ambiente repartirá 1.700 contedores de papel-cartón e envases lixeiros
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda repartirá nos próximos meses 1.645 contedores destinados ao depósito de papel-cartón e de envases lixeiros entre un total de 84 concellos galegos. Os novos colectores, aos que se destinarán máis de 550.000 euros, empezarán a ser distribuídos nas próximas semanas de maneira gradual, coa previsión de que todos poidan estar entregados antes de finalizar o ano.
Así o anunciou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, no transcurso dunha visita a Laxe, un dos municipios beneficiados por esta iniciativa, que forma parte do chamado Plan Galicia Recicla impulsado no marco do convenio de colaboración asinado en 2016 entre a Xunta e Ecoembes. Concretamente, o Concello de Laxe renovará as súas infraestruturas de recollida de residuos coa incorporación de 30 novos contedores: 20 para envases lixeiros e 10 para papel e cartón.
O Plan Galicia Recicla, tal e como explicou a conselleira, é un conxunto de medidas e actuacións que teñen como obxectivo común fomentar a reciclaxe entre os galegos, lembrando que unha boa maneira de incentivar este tipo de prácticas consiste en dotar tanto aos concellos como aos cidadáns das ferramentas idóneas.
Así, subliñou que desde o ano 2017 e contando xa coas novas unidades que están en proceso de repartición, o seu departamento leva investidos máis de 1,75 millóns de euros en dotar aos concellos galegos de 5.224 novos contedores deste tipo - 4.084 para envases lixeiros e 1.140 de papel-cartón- de tal maneira que a rede galega superará os 50.000 colectores a final de ano.
A conselleira explicou que este tipo de medidas unidas ás políticas ambientais que está a desenvolver a Xunta, con campañas e iniciativas divulgativas para sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de reducir a produción de residuos no día a día e reciclar o maior número posible dos que se xeran, están a ter un efecto moi visible na evolución das taxas de reciclaxe na comunidade.
Deste xeito, Ángeles Vázquez lembrou que o ano pasado conseguíronse cocientes espectaculares de reciclaxe deste tipo de material, cun incremento do 11,4% da recuperación de papel-cartón e do 9,3% no caso dos envases lixeiros en comparación cos datos de 2017.
Neste sentido, celebrou a cada “vez maior concienciación dos galegos e galegas polo reciclaxe” pero tamén vinculou estas cifras co compromiso ambiental mostrado polo Goberno galego, que se plasma, insistiu, en medidas como a continua mellora da actual rede de contedores.
Así, subliñou que nestes momentos o 99,8% dos galegos xa ten acceso á recollida selectiva de envases lixeiros e o obxectivo da Xunta é seguir renovando aquelas unidades que o precisen e incrementando os puntos de depósito para facer que este xesto sexa o máis "cómodo” e fácil posible para os cidadáns.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49