Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 21 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A mostra Novos Valores 2019 pecha as súas portas con preto de 7.500 visitas

A exposición Novos Valores 2019, formada polas 31 pezas seleccionadas e as catro creacións recoñecidas coas bolsas para novos artistas, foron visitadas no Museo de Pontevedra por preto de 7.500 persoas, unha cifra considerada un éxito. A mostra tivo a meirande afluencia de público ao longo do mes de agosto, sendo visitada desde a súa inauguración (o día 8) por 5.782 persoas, e xa por 1.686 entre principios do mes de setembro e o día da clausura.


As pezas principais foron creadas por Mohamed El Amine Asselman Ordersound, Elena Matamoro Gómez de los Infantes La mirada que escucha, Rosa Pardal Aragunde Habitación n.º A, e Alba Castillo Costa, coa escultura denominada Maleza, que resultaron gañador e gañadoras das catro bolsas do certame Novos Valores de entre as 110 persoas participantes no concurso nesta edición de 2019.


Ademais das e dos bolseiros que recibiron as achegas de 7.500 euros, o xurado tamén seleccionou outras 31 pezas, sete obras de pintura, nove de fotografía, tres debuxos, cinco esculturas, un vídeo, sete gravados, e tres pezas clasificadas no epígrafe como ‘varios'. Xa na inauguración da mostra o director do Museo, Jose Manuel Rey, quixo valorar o grande número de obras presentadas a esta edición, a existencia de moi diferentes traballos en todas as disciplinas artísticas, así como a súa calidade.


O xurado seleccionador das propostas estivo composto polo director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey García; a artista e profesora da Facultade de Ciencias da Educación e Deporte de Pontevedra, Itziar Ezquieta Llamas; a crítica e comisaria de arte Mercedes Rozas Caeiro; a decana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Silvia García González; a crítica e profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Susana Cendán Caaveiro; o deputado da Deputación de Pontevedra Carlos López Font; o secretario da Deputación de Pontevedra, Carlos Cuadrado Romay; e o director do Marco, Miguel Fernández-Cid Enríquez.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.