Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 19 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Policía Autonómica esclarece un incendio no Concello de Pontevedra

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas un total de 66 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica, en colaboración con axentes forestais, veñen de esclarecer a autoría dun incendio forestal no concello de Pontevedra.

 

Os policías do Grupo de Investigación de Incendios da Xefatura de Pontevedra, xunto con persoal do Distrito XIX de Pontevedra, procederon a tramitar dilixencias como investigada a unha empresa eléctrica  polo lume forestal que tivo lugar o pasado 11 de setembro no lugar de Gatomorto, da parroquia de Santa María de Xeve.

 

O lume produciuse por un curtocircuíto ao contactar a liña eléctrica coa ramaxe do arborado debido ao desgaste dos illantes. Arderon 0,32 hectáreas de monte arborado.

 

As dilixencias remitíronse ao xulgado de garda do concello de Pontevedra.

 

No que vai de ano, un total de 66 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.