GALICIA
Feijóo celebra coa xuventude do exterior as trinta edicións do conecta con Galicia
Subliña que iniciativas como esta permiten construír unha Galicia que non só traspase fronteiras, senón tamén xeracións
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrou hoxe coa xuventude do exterior as trinta edicións do Conecta con Galicia, que permitiu a máis de 9.000 mozos, de máis de 20 países, fortalecer os lazos coa Comunidade.
Durante a conmemoración, Feijóo subliñou que iniciativas como esta permiten construír unha Galicia que non só traspase fronteiras, senón tamén xeracións. “Con este programa demostramos que hai unha Galicia distinta á que coñecían os vosos pais e avós, onde nacer e traballar; unha Galicia moza”, dixo.
O titular do Executivo autonómico, que entregou a Compostela aos participantes do Conecta con Galicia 2019, coñeceu as súas experiencias percorrendo este verán o Camiño de Santiago. Experiencias como a de Matías Lorenzo, participante na última edición e que asegurou que “facer o Camiño é cultura e vivir Galicia”; ou como a de Milagros Rodríguez, que participou na primeira edición e que afirmou que, grazas a este programa, percorreu as catro provincias e visitou á súa familia.
Feijóo lembrou o papel relevante que nas edicións deste programa ten Arxentina. Non en van, nesta última convocatoria, dos 140 participantes, algo máis da metade eran mozos deste país. E incidiu en que a través desta iniciativa os mozos teñen a oportunidade de coñecer a Comunidade e o Camiño de Santiago, “a nosa tarxeta de presentación no mundo”.
Destaca o compromiso de ofrecer máis oportunidades de “conectar” con Galicia, a través da formación, con 150 becas para cursar un máster nunha das tres universidades galegas e coas 100 becas para cursar un ciclo superior de FP
Feijóo aproveitou o acto para recordar que en 2021 terán unha nova oportunidade para facer o Camiño, entrando na Catedral pola Porta Santa. “Será unha ocasión para ver a mellor Galicia que nunca existiu na historia: unha Galicia verde, familiar e que innova”, explicou.
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta salientou o compromiso de ofrecer máis oportunidades de “conectar” con Galicia, tamén, a través da formación, referíndose ás 250 becas anuais: 150 becas para cursar un máster nunha das tres universidades galegas e 100 becas para cursar un ciclo superior de Formación Profesional.
O responsable do Executivo autonómico concluíu agradecendo a todos os mozos a súa confianza en Galicia e o seu orgullo de ser galegos, incidindo en que a galeguidade non pide carné e non teme á mestura. “Así souberon entendela e exercela os emigrantes que forxaron a comunidade galega en Arxentina”, afirmou, sostendo que as casas, irmandades e centros galegos mantiveron vivo e fortaleceron o vínculo con Galicia, converténdose en embaixadas da galeguidade.
Herdeiros desa forma de entender o mundo, o presidente da Xunta animou a toda a xuventude do exterior a continuar con esa valiosa herdanza.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49