TUI
Comezan as obras de reordenación da rotonda de Guillarei
Suporán o investimento de case 48 mil € ao abeiro do Plan Concello 2017. Teñen un prazo de execución de dous meses
Esta semana comezarán a executarse as obras de reordenación da rotonda situada no cruzamento entre a N-550 e a PO-404 en Guillarei e o seu entorno actuando nunha superficie de 2.198,11 m2. A proposta a executar ten por obxectivo o embelecemento desta entrada ao centro urbano dotándoa dun carácter representativo e diferencial, xerando un espazo de baixo e doado mantemento. Suporá un investimento de 47.908,79 euros, financiados ao abeiro do Plan Concello 2017, e será executada pola empresa Calfensa Proxectos SL.
A semana pasada a concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, xunto aos responsables da empresa adxudicataria e técnicos achegáronse ate o lugar onde se executarán as obras para plantexar in situ o inicio dos traballos.
A rotonda, como elemento principal, centrará as actuacións incluíndo elementos representativos da cidade coma será unha peza de aceiro corten que emulará a muralla tudense. Amais da función estética este elemento servirá para conter o desnivel da rotonda e dividila en dúas zonas, unha de céspede e outra de canto rodado e lousas. Tamén haberá outras dúas estruturas en aceiro corten a modo de columnas catedralicias sobre as que trepará unha parra. Nas zonas axardinadas combinarase o céspede con rododendros.
Dende o concello faise un chamamento á poboación a circulación con precaución dende a próxima semana nesta rotonda xa que durante dous meses será zona de obras, debidamente sinalizada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163