MOS
Mos habilitará un departamento para atender dúbidas sobre a modificación do PXOM
Durante dous meses, todos os veciños que o precisen serán atendidos por un arquitecto e un xurídico municipal
O Concello de Mos habilitará un departamento para atender dúbidas sobre a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbanística (PXOM) que se levará ao pleno do próximo 30 de setembro. Nesta modificación contémplase o uso dotacional de terreos actualmente clasificados como rústicos de protección forestal. A partir do primeiro de outubro, e durante un prazo de dous meses, todos os veciños poderán presentar alegacións e exponer e resolver as súas dúbidas con dous técnicos municipais, un xurídico e un arquitecto, que estarán a súa disposición, no Concello, en horario de mañá. Ademais, para informar sobre este novo paso administrativo, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reunirase con todos os veciños da parroquia de Tameiga, nun encontro que terá lugar no Multiusos das Pozas o próximo 24 de setembro. Cinco días despois a rexidora convocará a toda a veciñanza de Mos, neste mesmo sitio, para explicar en detalle aos mosenses a oportunidade que o proxecto representa para o concello.
Por outra banda, esta mesma mañá o documento de modificación puntual foi enviado a toda a Corporación municipal para a súa aprobación en pleno en dez días.
Máis de 2.000 postos de traballo
A modificación puntal do PXOM de Mos nace da necesidade de cambiar o uso actual do solo para aproveitar as potencialidades do concello para localizar novos investimentos cos que mellorar a calidade de vida dos seus case 15.000 habitantes. Segundo a memoria económica do proxecto, prevese a creación de máis de 2.000 novos postos de traballo e permitirá un incremento na recaudación anual impositiva de máis dun millón de euros. Tamén aportará ás arcas do Concello de forma puntual máis de sete millóns de euros.
O proxecto beneficiará, tamén, a conectividade interna do concello (dividido agora por unha autovía) e mellorará os servizos urbanos, ademais de que colocará a Mos como un referente internacional en materia deportiva. Permitirá a mellora da conexión de importantes equipamentos de carácter metropolitano como son o Hospital Álvaro Cunqueiro ou o campus vigués da Universidade de Vigo. Tamén prevese a mellora ambiental e paisaxística de máis de medio millón de metros cadrados de monte que se reforestarán con especies autóctonas conformando un parque de uso público e unha mellora importante nas redes veciñais de auga existentes no ámbito, garantindo a conservación e renovación das actuais infraestruturas.
En conxunto, o proxecto suporá crear novas infraestruturas públicas para o municipio por valor de 41,6 millóns de euros e un investimento total duns 200 millóns de euros co conseguinte impacto na dinamización da industria e, en xeral, na economía local e de toda a área metropolitana.
Pereiras
Na actualidade o RC Celta está a construír a primeira fase da Cidade Deportiva unha vez obtidas as licencias por parte do Concello. Esta fase consiste na construción dos campos e instalacións necesarias para que o fútbol profesional do clube poida realizar o seu traballo diario na nova cidade deportiva.
Esta actuación chega despois do acordo alcanzado pola institución coa comunidade de montes de Pereiras e que ademais supón unha mellora nas infraestruturas existentes nas redes veciñais de captacións de augas que se están a acometer.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218