GALICIA
A Xunta de Galicia oferta 600 prazas para a mocidade en aloxamentos rurais
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presentou unha nova edición desta iniciativa
A Xunta de Galicia impulsa a educación non formal a través dunha nova edición do programa Xuventur, que conta con 600 prazas para mozas e mozos de entre 18 e 35 anos. Así o anunciou a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, durante a presentación desta iniciativa.
Xuventur está dirixido á xente nova empadroada en Galicia que teña entre 18 e 35 anos no momento da solicitude e que queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais da nosa comunidade. Esta iniciativa procura a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade e fomenta o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.
Desta maneira, haberá oito programas con diversas actividades dentro de Xuventur: Aventura e autodescubrimento, en Valdoviño (A Coruña); Natureza Audiovisual e 3D, en Cervantes (Lugo); Multiaventura en Terra de Trives; a Natureza que te coida, en Covelo (Pontevedra); Camiños naturais, camiños vitais, en Carnota (A Coruña); Aventura dende as emocións, na Estrada (Pontevedra); Descubrindo o xeoparque do Courel (Lugo); Naturalmente outono, no Parque natural do Xurés (Ourense).
Xuventur é unha iniciativa gratuíta que oferta oito programas de actividades en diferentes puntos da comunidade
Cómpre indicar que todos estes programas inclúen aloxamento en establecementos turísticos de Galicia situados no medio rural, manutención completa desde a cea do venres ata o almorzo do domingo e programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento. Ademais, o número de prazas dispoñibles en cada unha das opcións e fins de semana é de 18.
O prazo de inscrición comezará o vindeiro luns 23 ás 9.00 horas. Cada persoa solicitante só poderá elixir un programa e unha das quendas das que se oferta, se ben no caso de que queden prazas libres, ofreceráselle aos mozos e mozas que presentaran xa unha solicitude de participación a posibilidade de inscribirse noutro programa no que haxa vacantes.
As persoas interesadas teñen toda a información que precisen na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49