PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra aproba ás bases de “Depotermal 2020”
O programa de termalismo social da institución provincial contará o próximo ano con preto de 4.500 prazas para as dúas modalidades, con pernoita e sen pernoita
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou as bases reguladoras do programa de termalismo social “Depotermal 2020”, ao que se destinarán 128.667,84 euros, o que supón un incremento de máis de 26.000 euros con respecto a este ano 2019.
Esta cuarta edición do programa ofertará dous programas cun total de 4.434 prazas. A modalidade de asistencia diaria a balnearios durante 5 días consecutivos, contará con 1.248 prazas, das cales 248 serán reservadas para persoas en situación ou risco de exclusión social, e estarán financiadas pola Deputación. No caso do programa con pernoita e réxime de pensión completa de domingo a venres,3.186 prazas, das cales 186 están subvencionadas pola institución provincial e se reservarán tamén para persoas en situación e ou risco de exclusión social.
Tal e como sinalou a presidenta, Depotermal facilita o acceso ao turismo de saúde ao tempo que serve como plan dinamizador da economía da provincia, “impulsando a creación e o mantemento dos postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade”. Amais, o programa de termalismo busca fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico. Deste xeito, impúlsanse os movementos de participación e cooperación social que promovan espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que leven á vulnerabilidade.
“Depotermal 2020” está dirixido a persoas empadroadas na provincia nadas antes do 1 de xaneiro de 1970, ou aquelas que nacendo con posterioridade son pensionistas, teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% ou precisan dun respiro familiar. Todos os concellos interesados en sumarse deberán presentar a súa solicitude, a través da sede electrónica da Deputación, nun prazo de 15 días hábiles dende a publicación destas bases no BOPPO.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168