Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 24 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Remata este mércores o prazo de inscrición para a “DepoRutas BTTt” da Deputación

A ruta, que terá lugar o domingo 29 de setembro cun percorrido circular de 40 quilómetros, discorrerá polos parques forestais de Saiáns, Coruxo e Monte Alba-Cepudo, con vistas espectaculares aos concellos de Nigrán e Vigo

Ata o mércores 25 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para a terceira proba das “DepoRutas BTT” da Deputación de Pontevedra, que se celebrará o domingo 29 polo concello de Nigrán e terá un percorrido circular de 40,2 quilómetros.

 

Máis polo miúdo, a DepoRuta BTT de Nigrán ten como punto de saída e chegada  o campo de fútbol de Chandebrito. A ruta iniciarase con continuas subidas e baixadas e unhas vistas espectaculares da vila de Nigrán e a ría de Vigo, para chegar logo aos parques forestais de Saians e Coruxo. No     quilómetro 19 os participantes terán o avituallamento da ruta, para encarar a segunda parte do itinerario, cun perfil máis esixente que os levará a ascender o monte de Coruxo ata o seu punto máis alto. A continuación haberá un pequeno descenso antes de afrontar a parte máis dura do percorrido, que levará aos participantes a coroar o Parque Forestal Monte Alba-Cepudo, presidido pola Igrexa de Nosa Señora do Alba, unha contorna que ofrece unhas vistas espectaculares da cidade de Vigo.

 

Tras a cita de Nigrán, a seguinte DepoRuta BTT terá lugar o 20 de outubro en Salceda de Caselas. E, por último, o 27 de outubro será a quenda da DepoRuta BTT de Cangas.

 

O programa "DepoRutas BTT" ofrece cinco rutas totalmente gratuítas e cun máximo de 300 participantes en cada unha delas. O obxectivo da iniciativa da Deputación de Pontevedra é fomentar o deporte á vez que se pon en valor os montes da provincia, a súa riqueza natural, ecolóxica e patrimonial inigualable. O programa está dirixido a todas aquelas persoas maiores de 16 anos que gocen do deporte en contacto coa natureza.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.