PROVINCIA
A Deputación solicíta entrevista a Educación para traballar na transferencia da Escola de Cantería
A deputada Noemí Outeda pide tamén, “consciente do enorme interese demostrado pola Xunta de Galicia”, que nos próximos Orzamentos se faga cargo do 50% do custo de funcionamento do centro
A Deputación de Pontevedra, a través da deputada delegada da Escola de Cantería, Noemí Outeda Prol, vén de remitir unha carta á conselleira de Educación, Carmen Pomar, solicitándolle unha entrevista urxente, como persoa titular do órgano que ten atribuída en exclusiva as competencias en materia de ensino regrado en Galicia, “para seguir avanzando nos trámites de cara á transferencia da Escola”.
A carta é consecuencia da moción presentada polo grupo provincial do PP, aprobada no Pleno do pasado día 13 por unanimidade, na que se acordou solicitar ao Instituto Nacional de Cualificacións (INCUAL) a creación de ciclos de Formación Profesional que homologuen e incorporen ao sistema educativo regrado galego os estudos tradicionais da Escola de Cantería. A moción continúa a senda xa comezada pola Deputación de Pontevedra na recta final do pasado mandato, dado que o día 4 de marzo tamén foi aprobada, por unanimidade, outra iniciativa do grupo provincial socialista no mesmo sentido.
A deputada Outeda Prol parte de que a tramitación diante do INCUAL é un proceso longo e complexo que remata coa aprobación dun Real Decreto, ou sexa con repercusións lexislativas. Por elo, explica que a Deputación está actualmente en pleno proceso de regularización urbanística das instalacións construídas en Poio no ano 2000, coa súa adecuación á normativa sobre seguridade, accesibilidade e contaminación acústica de cara á obtención da licenza municipal de actividade, dado que na actualidade funciona en precario. Unha vez completada a normalización da situación urbanística pide a axuda da conselleira de Educación para axilizar a creación de dous certificados de profesionalidade por parte da Xunta de Galicia como paso intermedio ata a obtención, unha vez rematados tódolos trámites, dos títulos de FP.
Noemí Outeda conclúe que “diante do enorme interese que demostrou a Xunta de Galicia en relación ao futuro da Escola de Cantería” cómpre solicitar tamén que nos próximos Orzamentos autonómicos para o ano 2020, a Consellería de Educación inclúa unha partida económica específica, correspondente ao 50% do custo de funcionamento deste centro único en toda Galicia e referencia mundial. “Facelo así sería demostrar con feitos a coherencia dunha Administración autonómica que di apoiar ás profesións tradicionais de máis arraigo en Galicia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168