VIGO
A Xunta mellorará o entorno do hospital Meixoeiro e do Nicolás Peña en Vigo
O director da Axencia Galega de Infraestruturas reuniuse co xerente da EOXI de Vigo, Julio García Comesaña para coñecer as necesidades e planificar os traballos
A Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, acometerá obras de mellora dos firmes, das beirarrúas e da sinalización de vías e aparcamentos do hospital do Meixoeiro e do Nicolás Peña, no Complexo Hospitalario de Vigo.
O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o xerente da EOXI de Vigo, Julio García Comesaña, mantiveron unha xuntanza de coordinación na que participaron os respectivos equipos técnicos e na que se analizaron tanto as necesidades de actuación como a mellor planificación dos traballos.
As actuacións forman parte dunha iniciativa destinada a mellorar a seguridade e a accesibilidade nos entornos dos centros hospitalarios públicos
As obras, que se licitarán a finais do ano 2019 para a súa execución en 2020, forman parte dunha iniciativa do Goberno galego destinada a mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade no entorno dos distintos centros hospitalarios públicos.
No caso de Vigo, as melloras se executarán tanto no entorno do Hospital do Meixoeiro como do Nicolás Peña. Ademais, na xuntanza acordouse analizar a posibilidade de incluír neste programa de actuación unha terceira actuación nas instalacións do Rebullón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49