GALICIA
A Xunta implantará os plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e O Con
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, xa está a executar estas actuacións, cun investimento de máis de 785.000 euros
O Diario Oficial de Galicia publicaba esta semana o Decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para executar as obras do proxecto de implantación dos plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras (Vigo), Baiona e O Con (Vilagarcía de Arousa).
No seguinte enlace pódese consultar a información: https://bit.ly/2lhwGto
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, segue a avanzar nas tramitacións dos plans de emerxencia que xa está a executar, cun investimento de máis de 785.000 euros.
As expropiacións autorizadas no Consello da Xunta do pasado día 5 de setembro son necesarias para completar a instalación do sistema de aviso acústico á poboación. Neste momento están colocadas 13 das 17 sirenas electrónicas previstas nas distintas presas, quedando só pendente a instalación dunha segunda en Caldas e O Con, e dúas no embalse de Eiras.
A necesidade de implantar o plan de emerxencias é un requisito legal que se elabora en función das potenciais afeccións en caso de rotura ou funcionamento incorrecto.
A directriz básica de planificación de Protección Civil ante o risco de inundacións e o regulamento técnico sobre seguridade de presas e embalses son as normas actualmente en vigor.
As presas dos encoros de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e o Con están situadas dentro da Demarcación Galicia-Costa e son as únicas de todas as existentes nesta demarcación de titularidade da propia Comunidade Autónoma de Galicia.
A implantación dos Plans de Emerxencia das presas comprende un centro de xestión de emerxencias (sala de emerxencias), un sistema de comunicacións do titular da presa ou balsa cos diferentes organismos implicados na xestión dunha eventual situación de emerxencia, un sistema de aviso á poboación na zona potencialmente afectada na primeira media hora.
O organismo hidráulico da Xunta está a levar a cabo as actuacións necesarias no establecemento das actuacións previstas nos respectivos plans de emerxencia.
Augas de Galicia dispón dun centro de control en Santiago, dende o que se vixía o estado das catro presas. Este centro é o lugar de xestión e toma de decisións dos plans de emerxencia das mesmas, e dispón do sistema necesario para xestionar calquera emerxencia e o telecontrol do equipamento permitindo o seguimento dos indicadores establecidos no plan, a realización de alertas por superación de umbrais, a declaración da situación dos distintos escenarios de emerxencia, e darse o caso o aviso á poboación.
Na instauración destes plans de emerxencia se inclúen o acondicionamento como salas de emerxencia dos catro edificios existentes en cada unha das presas e destinados actualmente á explotación, e a implantación dun sistema de aviso á poboación. Este sistema de aviso á poboación é de tipo acústico e consiste na instalación dun total de 17 sirenas electrónicas, 5 en cada instalación no caso das presas de Caldas de Reis, Eiras e O Con e 2 en Baiona.
As actuacións para a implantación destes plans tamén contemplan tarefas relativas á formación e capacitación da poboación e as autoridades locais potencialmente afectada por unha rotura, elaborando unha serie de documentación coa información divulgativa necesaria para levar a cabo este proceso e desenvolvendo un programa de actividades formativas nos distintos concellos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49