Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 24 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A XXVI Festa dos Callos do Porriño agarda despachar 25.000 racións

Terá prezo único a 5 €

Trinta e sete establecementos de hostalería de Porriño participarán finalmente o vindeiro domingo na XXVI edición da Festa dos Callos. O certame é o principal evento gastronómico do ano en Porriño e constitue un dos principais reclamos dos festexos do Cristo que rematarán ese día 29.

 

Agárdanse a milleiros de visitantes coa previsión de que “os establecementos cheguemos  vender 25.000 racións de callos”, dixo José Manuel Fernández, presidente da asociación AHOSPOR, superando deste xeito o rexistro de 2018 que foi de 20.000.

 

Organizan Concello de Porriño e a asociación empresarial ACIPOR coa colaboración do gremio de hostalería. Os concelleiros do goberno municipal Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso protagonizaron a roda de prensa de presentación xunto coa xerente de ACIPOR, Noelia Conde e o devandito José Manuel Fernández e Fran Castiñeiras, en representación de AHOSPOR.

 

Unha das novidades deste ano será o prezo da ración que unificase a 5 euros por acordo dos organizadores e dos establecementos. Hoxe tamén presentouse o cartel anunciador da Festa. O acto rematou cunha degustación gratuita de callos para asistentes e público en diversas preparacións elaboradas por varios de los establecementos participantes.

 

O concelleiro de Festas, David Alonso lembrou que o domingo haberá animación de rúa e por barrios da vila en horario matinal con dúas charangas e tres grupos  folklóricos e de gaitas. Pola tarde dous concertos musicais, un espectáculo de maxia para nenos e pola noite as dúas últimas verbenas coas orquestras “Solara” e “Tango”.

 

E ademaís habera varios eventos deportivos entre os que destaca como novidade o Rally Mix Concello do Porriño cuios detalles serán presentados mañá mércores en roda de prensa no consistorio, a partir das 10,30 horas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.