Provincia
Grande Marlaska participa este domingo na II Festa da Rosa socialista
O secretario xeral provincial, David Regades, que agarda a presencia de máis de 500 militantes nesta segunda edición do acto, ve máis necesario que nunca un Goberno de España coa forza necesaria para deixar atrás o triste episodio do bloqueo
O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra celebra este domingo, a partir das 12.30 horas no Auditorio do Mar de Vigo, a II Festa da Rosa, o acto de convivencia entre tódolos e tódalas militantes do territorio provincial. Nesta ocasión o invitado principal será o ministro do Interior en funcións, Fernando Grande Marlaska.
O secretario xeral provincial confirma tamén a asistencia do alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Abel Caballero; da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e do secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero. As estimacións falan de que estarán arroupados por máis de 500 militantes chegados dende tódalas agrupacións socialistas da provincia.
Regades aproveitará o acto para insistir en que votar ao Partido Socialista e a Pedro Sánchez é o mellor xeito de votar por Galicia “porque, agora si, os problemas das galegas e os galegos están na mesa do Consello de Ministros”. E non só con investimentos e compromisos serios, senón tamén en forma dunha axenda gubernamental profundamente social, que apoia ás persoas máis débiles. Cun Goberno que cree dun xeito ideolóxico na igualdade, entendida como a militancia feminista activa, e a transición ecolóxica para o medio ambiente.
O secretario xeral provincial insiste en que, diante do nerviosismo crecente de Feijoo e o Partido Popular, o PSdeG-PSOE vai facer o máximo esforzo posible para que España conte, por fin, cun goberno estable que tome o timón do país “e para iso, e para vencer o triste episodio das minorías de bloqueo, é necesario consolidar a maioría que esta provincia xa expresou”. Polo tanto, anima a votar con máis forza que nunca o próximo 10 de novembro.
Os socialistas pontevedreses chegan a esta Festa da Rosa despois das tres vitorias electorais consecutivas que supuxeron as Municipais do 26 de maio (197.445 votos socialistas contra 153.708 do PP na provincia), as Europeas do mesmo día (182.067 votos socialistas contra 134.036 do PP) e das Xerais do 28 de abril (184.622 votos socialistas por 142.941 do PP). “É a primeira vez na Democracia que logramos vencer ao PP na provincia e fixémolo non unha, senón tres veces, cunha vantaxe de 41.000 votos”, remarca.
David Regades subliña que a Festa da Rosa, que normalmente é unha xornada de convivencia e exaltación da militancia, chega este ano co valor engadido de converterse na lanzadeira dunha nova campaña electoral. “As e os socialistas da provincia estamos mobilizados, porque sabemos moi ben que dende a mobilización chegamos á vitoria tanto sobre a dereita, como sobre os que, sendo de esquerdas, optan polo bloqueo porque prefiren pactar cargos a programa de goberno”.
A Festa da Rosa, que o ano pasado celebrouse en Porriño, é un evento de convivencia da militancia da provincia recuperado polo secretario xeral provincial, David Regades.
Temos a honra de celebrar esta II Festa da Rosa, nesta ocasión en Vigo, cumprindo así o compromiso que adquirín cando cheguei á Secretaría Xeral Provincial. Se o ano pasado a invitada principal foi Adriana Lastra, nesta ocasión será o ministro do Interior en funcións, Fernando Grande Marlaska, que é un referente de seriedade na xestión.
Agardamos contar coa presencia de máis de 500 militantes chegados dende tódalas agrupacións locais da provincia e, de facto, iniciar así a preparación da próxima campaña electoral. Unha repetición electoral que vén causada pola acción combinada das minorías de bloqueo que impediron que a forza máis votada polos españois e as españolas puidera conformar o único goberno posible saído das urnas o pasado 26 de abril.
Os socialistas da provincia de Pontevedra estamos mobilizados porque sabemos moi ben que dende a mobilización chegamos á vitoria tanto sobre a dereita, como sobre os que, sendo de esquerdas, optan polo bloqueo porque prefiren cargos a programa.
Os socialistas xa gañamos as tres últimas Eleccións celebradas en España na nosa provincia e estamos moi agradecidos non só aos militantes, senón ás preto de 200.000 persoas que, repetidamente, nos deron a súa confianza. Con humildade e con todo o respecto volveremos pedirlles un novo esforzo co seu voto para que España teña, por fin, o Goberno que merece e que unha ampla maioría xa apoiou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168