Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 27 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As catro hectáreas de viñedo do Castelo de Soutomaior recollen dez mil quilos de uva

A adega Quinta das Eiras, adxudicataria da colleita, recolleu un total de 8.855 quilos de uva albariña e 894 quilos de uva de godello

Despois de dúas semanas, a vendima nas catro hectáreas de viñedo do Castelo de Soutomaior finalizou con case dez mil quilos de uva recollidos. En concreto, foron un total de 9.749 quilos, dos que 8.855 corresponderon a uva albariña e 894 son de godello.

 

Tal e como anunciara Carmela Silva, a Deputación de Pontevedra adxudicou este ano, de novo polo sistema de poxa pública, a colleita de uva no Castelo de Soutomaior á adega Quinta das Eiras. A oferta presentada pola empresa fora de 1,15 euros (incluído IVE) por quilo de uva albariña e de 0,95 euros (tamén incluído IVE) para os outros tipos de uva (hai que lembrar que o ano pasado, por primeira vez, na vendima as uvas foron separadas por variedades). A presidenta da institución provincial tamén animou entón aos visitantes do Castelo a que pasasen polos viñedos “porque ver a recollida da uva é algo marabilloso; no castelo de Soutomaior é coma un soño”.

 

O Castelo de Soutomaior, fortaleza da Idade Media que hoxe en día é patrimonio público, foi adquirido pola institución provincial no ano 1982 e os seus viñedos, que ocupan catro das 33 hectáreas de extensión do Castelo, datan do ano 1984.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.