PROVINCIA
‘Camiño A Dentro’: dez accións de mulleres artistas para pór en valor o Camiño Portugués
O proxecto, enmarcado en ‘O teu Xacobeo’, desenvolverase en dez concellos polos que pasa a ruta interior e a da costa e inclúe desde teatro, poesía e música a instalacións artísticas, videocreacións, ilustración e fotografía
A Xunta e a Deputación de Pontevedra desenvolverán nos meses de outubro e novembro Camiño A Dentro, un novidoso proxecto cultural con dez accións artísticas en distintos concellos da provincia polos que pasa o Camiño Portugués ou o Camiño Portugués pola Costa. Todos os eventos correrán a cargo de mulleres artistas de recoñecida traxectoria e inclúen desde música en vivo, poesía e teatro a instalacións artísticas, videocreacións, ilustración e fotografía. Os actos desta iniciativa, desenvolvida a través de Turismo Rías Baixas e enmarcada no programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia, empezarán en Baiona o día 3 de outubro e rematarán o día 25 en Soutomaior. No mes de novembro terá lugar a presentación do catálogo do proxecto.
Camiño A Dentro ten como obxectivo pór en valor o Camiño desde unha perspectiva cultural contemporánea, recoñecer o labor das mulleres artistas e propiciar o encontro coa comunidade local e os peregrinos e peregrinas. O programa arranca nos xardíns da Casa da Navegación de Baiona o día 3 e continuará nos días seguintes sucesivamente en Redondela, Caldas de Reis, O Porriño, Oia, A Guarda, Pontevedra, Nigrán, Tui e Soutomaior.
O proxecto conta coa participación das artistas Dores Tembrás, Carmen Quinteiro, Ruth Montiel, o grupo Dúas (formado por Sabela Caridad e Marta Figueiredo), María Meijide, Inherente Teatro (integrado por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pía Nicoletti), Lucía Loren, Carla Andrade, Nastasia Zürcher e Helen Bertels. A iniciativa está comisariada por Paula Cabaleiro, coordinadora tamén do programa Mulleres en Acción.Violencia Zero da Deputación de Pontevedra.
O Camiño Portugués é a segunda Ruta Xacobea máis transitada de cantas conducen a Santiago de Compostela, con máis de 67.800 peregrinos e peregrinas en 2018 e en aumento constante nos últimos anos. O Camiño da Costa, que cruza todo o litoral desde A Guarda deica Redondela, tamén rexistra un progresivo incremento de peregrinos e peregrinas, con 13.638 en 2018. Así, as dúas rutas vencelladas ao país veciño superan as 81.500 persoas ao ano en tránsito pertencentes a un grande abano de nacionalidades.
Camiño A Dentro afondará, cunha ollada cultural, na relación entre Camiño e territorio e na interacción entre a veciñanza e os peregrinos e peregrinas.
CONCELLO
LUGAR/DÍA/HORA
ARTISTA/ACCIÓN
BAIONA
Xardíns da Casa da Navegación / Xoves 3 de outubro / 18:30 horas
Dores Tembrás / Poesía, acción poética
REDONDELA
Venres 4 de outubro / 18.30 no exterior de la Casa da Torre
Carmen Quinteiro / Acción poética con música en vivo.
CALDAS DE REIS
Xardín Botánico / Sábado 5 de outubro / Instalación durante o día, coa participación do público. Preséntase o resultado ás 18.00 horas
Ruth Montiel Arias / Instalación artística.
O PORRIÑO
Praza do Arquitecto Antonio Palacios, diante do Concello / Xoves 10 de outubro / 12:00 horas
Dúas, Sabela Caridad e Marta Figueiredo / Percusión
OIA
Inmediacións do mosteiro de Oia-Praza Centinela / Venres 11 de outubro / ás 18.00 horas
María Meijide / Pintura e ilustración
A GUARDA
Praza do Reló, diante do Concello / Mércores 16 de outubro / ás 18:30h
Inherente / Teatro
PONTEVEDRA
Praza da Ferraría / Xoves 17 de outubro/ ás 12.30 horas
Lucía Loren / Instalación Artística.
NIGRÁN
Praza do Concello/ Venres 18 de outubro/ ás 19.30 horas
Carla Andrade / Fotografía e videocreación.
TUI
Sábado 19 de outubro / Praza de San Fernando (diante da Catedral) / ás 18:30 horas
Nastasia Zürcher / Música
SOUTOMAIOR
Venres 25 de outubro / ás 12.00 horas /
Helen Bertels / Acción Escénica

A Xunta e a Deputación de Pontevedra desenvolverán nos meses de outubro e novembro Camiño A Dentro, un novidoso proxecto cultural con dez accións artísticas en distintos concellos da provincia polos que pasa o Camiño Portugués ou o Camiño Portugués pola Costa. Todos os eventos correrán a cargo de mulleres artistas de recoñecida traxectoria e inclúen desde música en vivo, poesía e teatro a instalacións artísticas, videocreacións, ilustración e fotografía. Os actos desta iniciativa, desenvolvida a través de Turismo Rías Baixas e enmarcada no programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia, empezarán en Baiona o día 3 de outubro e rematarán o día 25 en Soutomaior. No mes de novembro terá lugar a presentación do catálogo do proxecto.
Camiño A Dentro ten como obxectivo pór en valor o Camiño desde unha perspectiva cultural contemporánea, recoñecer o labor das mulleres artistas e propiciar o encontro coa comunidade local e os peregrinos e peregrinas. O programa arranca nos xardíns da Casa da Navegación de Baiona o día 3 e continuará nos días seguintes sucesivamente en Redondela, Caldas de Reis, O Porriño, Oia, A Guarda, Pontevedra, Nigrán, Tui e Soutomaior.
O proxecto conta coa participación das artistas Dores Tembrás, Carmen Quinteiro, Ruth Montiel, o grupo Dúas (formado por Sabela Caridad e Marta Figueiredo), María Meijide, Inherente Teatro (integrado por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pía Nicoletti), Lucía Loren, Carla Andrade, Nastasia Zürcher e Helen Bertels. A iniciativa está comisariada por Paula Cabaleiro, coordinadora tamén do programa Mulleres en Acción.Violencia Zero da Deputación de Pontevedra.
O Camiño Portugués é a segunda Ruta Xacobea máis transitada de cantas conducen a Santiago de Compostela, con máis de 67.800 peregrinos e peregrinas en 2018 e en aumento constante nos últimos anos. O Camiño da Costa, que cruza todo o litoral desde A Guarda deica Redondela, tamén rexistra un progresivo incremento de peregrinos e peregrinas, con 13.638 en 2018. Así, as dúas rutas vencelladas ao país veciño superan as 81.500 persoas ao ano en tránsito pertencentes a un grande abano de nacionalidades.
Camiño A Dentro afondará, cunha ollada cultural, na relación entre Camiño e territorio e na interacción entre a veciñanza e os peregrinos e peregrinas.
|
CONCELLO |
LUGAR/DÍA/HORA |
ARTISTA/ACCIÓN |
|
BAIONA |
Xardíns da Casa da Navegación / Xoves 3 de outubro / 18:30 horas |
Dores Tembrás / Poesía, acción poética |
|
REDONDELA |
Venres 4 de outubro / 18.30 no exterior de la Casa da Torre |
Carmen Quinteiro / Acción poética con música en vivo. |
|
CALDAS DE REIS |
Xardín Botánico / Sábado 5 de outubro / Instalación durante o día, coa participación do público. Preséntase o resultado ás 18.00 horas |
Ruth Montiel Arias / Instalación artística. |
|
O PORRIÑO |
Praza do Arquitecto Antonio Palacios, diante do Concello / Xoves 10 de outubro / 12:00 horas |
Dúas, Sabela Caridad e Marta Figueiredo / Percusión |
|
OIA |
Inmediacións do mosteiro de Oia-Praza Centinela / Venres 11 de outubro / ás 18.00 horas |
María Meijide / Pintura e ilustración |
|
A GUARDA |
Praza do Reló, diante do Concello / Mércores 16 de outubro / ás 18:30h |
Inherente / Teatro |
|
PONTEVEDRA |
Praza da Ferraría / Xoves 17 de outubro/ ás 12.30 horas |
Lucía Loren / Instalación Artística. |
|
NIGRÁN |
Praza do Concello/ Venres 18 de outubro/ ás 19.30 horas |
Carla Andrade / Fotografía e videocreación. |
|
TUI |
Sábado 19 de outubro / Praza de San Fernando (diante da Catedral) / ás 18:30 horas |
Nastasia Zürcher / Música |
|
SOUTOMAIOR |
Venres 25 de outubro / ás 12.00 horas / |
Helen Bertels / Acción Escénica |




























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149