GALICIA
Feijóo salienta que todos os concellos galegos contarán cun recurso de conciliación
A última convocatoria para crear 15 Casas Niño recibiu 29 solicitudes
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que “todos os concellos galegos, por moi pequenos que sexan, terán un recurso de conciliación gratuíto”, tras avaliar na reunión do Consello da Xunta, a acollida da última convocatoria para crear 15 Casas Niño á que se presentaron 29 solicitudes.
Ante a boa acollida , a Xunta traballa nunha nova convocatoria para poder chegar a todos os concellos que aínda non teñen un recurso de conciliación.
Máis polo miúdo, o presidente da Xunta sinalou que a día de hoxe hai xa 60 en funcionamento: 29 abriron con cargo á primeira convocatoria de axudas no ano 2016, 17 pola de 2017 e 14 máis con cargo á de 2018. Nas próximas semanas os técnicos da Consellería de Política Social valorarán as 29 solicitudes recibidas e se resolverán as 15 novas Casas Niño que se poderán poñer en funcionamento nos vindeiros meses.
Feijóo lembrou que actualmente hai máis de 25.000 prazas de gardería–o dobre que hai dez anos-; liñas de axudas para a apertura de escolas infantís para empresas, confrarías e cooperativas agrarias; o Bono Concilia para axudar a pagar a gardería a aquelas familias que non puidesen acceder a unha praza pública; o Bono Coidado de axudas para a contratación puntual dun coidador ou dunha ludoteca; a Tarxeta Benvida, e, tal e como anunciou o presidente da Xunta no Debate sobre o Estado da Autonomía, a partir de 2020 as escolas infantís serán gratuítas para todas as familias galegas no segundo fillo e sucesivos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49